Riotorto, 2 de outubro de 2018.- O Secretario do PSOE en Riotorto, José García Freije, criticou este martes a construción dunha caseta, ao carón da antiga igrexa de San Pedro, que se utilizará para incinerar as coroas das cerimonias relixiosas que se celebran no santuario. “É unha auténtica barbaridade facer esta construción con material de formigón, rompendo con todo o entorno e a arquitectura barroca que tanto nos custou manter aos veciños de Riotorto e da que estamos tremendamente orgullosos. Sorpréndenos que o bispo e patrimonio autoricen esta actuación, que sen dúbida, desmerece a este monumento” denunciou o socialista.
García Freije subliñou que “chegáronnos moitas queixas veciñais por esta obra, da que cremos que non se axusta á legalidade pois non cumpre coa normativa vixente en canto á distancia de novas construcións respecto do patrimonio”.
Rehabilitación da igrexa, unha das sinais de identidade
O Secretario do PSOE en Riotorto lembrou que foron os socialistas cando estiveron gobernando no municipio, os que recuperaron, coa axuda da Deputación, este templo que se atopaba en moi mal estado, cun investimento de 80.000 euros.
García Freije explicou que “a igrexa levaba máis de 65 anos pechada, pero entre o traballo conxunto dos veciños e o PSOE fomos capaces de rehabilitar esta igrexa do século XVII que é unha das sinais de identidade do noso Concello. Isto permitiu, tal e como demandaban os cidadáns, que a igrexa de San Pedro recuperara parte da súa actividade relixiosa. É unha pena ver como pola mala xestión e inaptitude do Alcalde do PP o monumento, do que destaca unha torre-campanario do ano 1.762, se vexa desvalorizado. O señor Iglesias González deberá explicarnos este esperpento de obra e canto nos vai a custar a todos os riotortenses”.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



