Burela 6-10-18. O Pescados Rubén Burela FS estreou a liga esta tarde en Vista Alegre con outra vitoria, e de novo portería a cero, tirando de oficio, malia as ausencias, para impoñerse a un novo na máxima categoría, AD Sala Zaragoza, que chegou á Bomboneira sen especular. Ás pupilas de Julio Delgado e Lucas chegoulles a primeira parte, para o 2-0, resultado que lles outorga o liderado, con 6 puntos e empatadas con Peny Esplugues.
Xa sen a posibilidade da estrea de Peque en Vista Alegre, lesionada na Coruña a semana pasada, comezaron con malas noticias as da Mariña; antes do segundo minuto de xogo Cami tivo que retirarse a pista, cunha máis que posible escordadura de xeonllo.
Intentaron dominar as burelistas fronte a un recentemente ascendido que se plantou na pista laranxa con valentía e atrevemento, aínda que pecou de falta de experiencia na finalización. No 13, Jenny dispuxo de dúas ocasións de ouro para adiantar as burelistas, a pase de Luci; a primeira, a porta baleira, fóiselle demasiado e non chegou por moi pouco á segunda. Pero dous minutos despois unha das caras novas, a internacional Cristina, estivo moi atenta para sentenciar fronte a Yarie co rexeite a tentativa de Cilene desde a banda. No 18, Lara Balseiro subiu o 2-0 de disparo afastado. Luci, a falta de 33 segundos para o descanso, dispuxo doutra moi boa.
Volveron ao parqué as burelistas dispostas a manter a renda, con cambio de Ana Romero por Jozi baixo paus. Dany e Cristina, antes do ecuador, dispuxeron dunhas das mellores ocasións fronte a un rival que viu minguada a súa proposta de xogo ante a ausencia de Rapha, por molestias.
A próxima semana tocará duelo con Móstoles, xornada na que Julio Delgado e Lucas poderán volver ao banco tras cumprir os dous partidos de sanción da expulsión na final de Copa de España Cádiz 2018.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Lara Balseiro, Cristina, Cris, Jozi
AD Sala Zaragoza FS: Yarie, Jessica, Sarah, Boix, Rapha, cinco inicial; tamén xogaron Lioba, Martica, Rivera, Merino, Rocío,Tania
Goles: 1-0, minuto 15, Cristina; 2-0, minuto 18, Lara Balseiro
Árbitros: Castro Nantes // Sierra Márquez (Galicia). Por Burela amarela a Jozi (minuto 23), Dany (minuto 20). Por Zaragoza amarela para Jessica (minuto 20), Merino (minuto 24).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira RFEF disputado no pavillón Vista Alegre ante unhas 600 persoas.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
