Cervo 2-10-18. MoMA, Museo de Arte Moderna de Nova York inaugurado en 1929, é un dos máis prestixiosos museos de arte moderna e contemporánea do mundo, situado xusto á beira de Central Park, nos arredores de Rockefeller Center, onde se exhiben algunhas das máis prezadas obras de Van Gogh, Miro, Picasso, Dalí, Warhol…
As súas tendas, MoMA Design Stores, son un verdadeiro templo do deseño e bo gusto, onde todos os produtos que se expoñen ou se venden son obxecto dunha selección exquisita e moi coidadosa por parte dos responsables do museo, que priman a innovación, creatividade e calidade de todas as súas pezas. Que SARGADELOS forme parte do seu exclusivo catálogo é un orgullo, non só para esta firma senón tamén para Galicia, xa que o MoMA é un referente global da arte moderna e contemporánea.
Bol
