Burela, 22 de novembro de 2018. A praza do Concello de Burela acollerá mañá, venres, a partir das 11 horas, os actos conmemorativos da campaña Burela en Negro contra as Violencias. Haberá unha mesa informativa e libro de firmas, a colocación dunha pancarta e unha actividade na que intervirán os centros de ensino de Burela e a Escola de Música. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación da cidadanía.
O rexedor anunciou que “imos facer os actos de Burela en Negro na praza do Concello, onde están invitados todos os veciño e veciñas que queiran participar, a partir das doce da mañá. Tamén van vir os diferentes colexios e institutos cunha representación de alumnos que van ser protagonistas en lecturas, actuacións e manifestos”.
Alfredo Llano explicou que “imos dar os Premios de Narrativa contra a violencia de xénero, e imos ter a actuación musical da Escola de Música con dúas ou tres cancións, que motiven e alegren o aspecto lúdico e festivo de protesta contra a lacra da violencia de xénero e a favor da igualdade. É certo que é un día que se conmemora, que está ben lembralo, pero hai que facer fincapé en que este é un problema que hai que atallar todos os días. Remataremos cunha lectura dun manifesto institucional. Pola tarde, ás cinco, vai haber unha concentración de todos os diferentes clubs deportivos de Burela que tamén van facer a súa achega a este tema na praza do Concello”.
O alcalde dixo que “queda todo o mundo invitado a participar, desde ás once da mañá, que xa se coloca unha mesa informativa e un libro de firmas onde a xente pode asinar e poñer todo aquilo que considere oportuno. Despois, a partir das doce, xa comeza o acto oficial cos alumnos e toda a xente que queira participar coas diferentes asociacións. Desde o propio Concello daremos apertura aos actos conmemorativos desta nova edición contra a violencia de xénero e a favor da igualdade”.
O alcalde estivo presentando os actos no IES Perdouro, de Burela.
Atención temperá
O alcalde burelés participou onte nunha xuntanza do consello federal da FEGAMP. Alí trasladou a situación na que se atopa o servizo de atención temperá. Llano pediu que sexa asumido polo Sergas ou por Educación ou senón recoméndalle á Xunta que adiante a subvención correspondente para poder mantelo operativo. O rexedor considera necesario regular e normalizar este servizo para beneficio dos seus usuarios.
Alfredo Llano comentou que “onte puxen enriba da mesa algo que nos está preocupando en Burela, que é a atención temperá. Queremos dar este servizo, aínda que non é unha competencia propia, si que estamos pola labor de atender e favorecer, pensando sempre nas familias, este servizo que nos parece moi positivo. Pero a Xunta de Galicia ten que aportar unha subvención, primeiro hai que facer a actividade e despois a subvencionan e isto non debería ser así. Presentamos a nosa proposta, que antes de que se outorgue a subvención, que se adiante un 80% desa cantidade, para que non cree conflitos aos Concellos sobre todo en cuestión de intervención, para contratar á xente que fai falta para atender ben esta atención temperá”.
O alcalde relatou que “tamén facemos a proposta para que sexa absorbido ou asumido polo Sergas, a través de Sanidade, ou por Educación e polo tanto que estas administracións se fagan cargo da atención temperá. Se queren que sigamos os Concellos atendendo este servizo, teñen que facerse as cousas dunha maneira diferente. Hai que dar a subvención antes de empezar a actividade, ou polo menos un adianto do 80% para que non cree conflitos, que é o que está ocorrendo agora mesmo en Burela, que acabou a contratación dun profesional e mentres non salga a subvención non hai unha xustificación para volver contratalo. Hai xustificación profesional, pero non por aporte económico, polo tanto hai que regular iso, normalizalo e facelo de tal xeito que salgan beneficiados sobre todo os usuarios, e para iso ten que estar todo controlado desde os concellos”.
O rexedor subliñou que “facemos esa petición, ou ben que sexa absorbido por outras administracións da Xunta, por Sanidade ou Educación, ou que siga, que non hai ningún inconveniente, mantendo o Concello este servizo pero con todas as garantías tanto económicas como laborais”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



