Lembro, cando estudaba, que a organización de Grecia en cidades estado me resultaba interesante, supoño polo que vai acontecendo que a Caballero e a Carmela Silva tamén. Digo isto porque aplican unha política similar nas súas atribucións e queren que Vigo e a Deputación de Pontevedra sexan unha sorte de Cidades Estado sen ter que render contas a ninguén en ningures.
Caballero constantemente menospreza o noso Parlamento e os mecanismos públicos da Xunta de Galicia, non digo ó goberno da Xunta iso é política, refírome aos seus mecanismos de control.
Carmela Silva acaba de facer o mesmo non querendo comparecer no Parlamento para dar conta dos orzamentos da Deputación. Como si o fan os homónimos de Lugo, Coruña e Ourense, do que podemos desprender que é unha posición persoal e non de partido.
O peor do tema é que o fai desprezando a Galicia e o Estatuto de Autonomía, ese contrato entre os galegos e galegas de 1981 e o goberno do Estado, o mecanismo para facer o noso País. Iso máis un regulamento da Cámara galega regula esta cuestión, posicións aprobadas no seu día polo seu partido.
É para min unha afronta a Galicia escudarse nunha interpretación da Constitución para non dar conta ós galegos, que aínda que sexamos de fora de Pontevedra aportamos cartos os seus orzamentos. Esta sorte de posicións personalistas e populistas son un dano constante á política porque unicamente responden a unha posición egoísta e centrada na súa imaxe persoal cando no fondo da situación está un debate persoal na presentación das contas doutro ano.
É hora de que Gonzalo Caballero demostre que pode ser xestor de Galicia e actúe con contundencia para facer cumprir o noso Estatuto, mais coido que non vai ser así, porque el mesmo dubida da súa capacidade, por iso adiantou as primarias.
Mal camiño de progreso espera a Galicia cando os Presidentes das Deputacións non respectan o marco legal que pode facer avanzar no autogoberno e nas competencias, un Estatuto que cómpre traballar para afrontar en breve unha ampla reforma do mesmo que o traia do século XX a unha nova realidade do encaixe de Galicia en Europa e no Mundo. Esa visión é a que dinamita Carmela Silva, quizais ese sexa o fondo da cuestión a visión centralista e xacobina do Estado do PSdG.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



