Foz, 15 de novembro de 2018. Mercedes Sanjurjo Tapia foi a primeira gañadora do Campañazo que organiza o CCA de Foz durante este mes de novembro. Esta muller resultou agraciada con 300 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. A entrega do premio tivo lugar en Casa Damián, que foi o local desde o que Mercedes Sanjurjo seguiu o sorteo o pasado venres, día 9. No acto participaron Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz, e unha representante de Hola Ola, a tenda na que Mercedes conseguiu o seu cartón.
Outras tres persoas repartíronse os outros 300 euros do primeiro sorteo do Campañazo deste mes de novembro de 2018.
O Campañazo seguirá mañá, día 16. En xogo estarán 300 euros en vales de compra para o que o cante en primeiro lugar e 300 euros máis para o resto de cartóns premiados. Os sorteos realizaranse cada venres, en directo a partir das 23:00 horas, por Radio Foz, no 107.4 da FM.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



