Mondoñedo, 6 de novembro de 2018.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu esta mañá o acto de entrega da certificación Observer® que distingue á Cova do Rei Cintolo como Destino Turístico Científico.
Trátase dun selo internacional co que se dá un paso máis na posta en valor deste patrimonio natural. As experiencias desenvolvidas ao abeiro do Turismo Científico permiten ao visitante achegarse ao territorio dende a perspectiva dun observador científico. O visitante entende que co turismo científico, ademais de visitar paraxes de gran beleza, vai a aprender e entender, de maneira sinxela e sen esforzo, moito máis sobre o funcionamento da la natureza. Todo elo, desenvólvese dende un punto de vista sustentable e rigoroso e establecendo como base a conservación.
Un paso máis na posta en valor da Cova do Rei Cintolo
Durante o acto de entrega do diploma, selo e informe oficial, no que participaron a directora de Observer ScienceTourism, Marta Vence; un representante da Federación Galega de Espeleoloxía e o espeleólogo e auditor Observer, Marcos Vaqueiro; a alcaldesa da localidade, Elena Candia, asegurou que se está ante “un paso máis” na posta en valor de xeito divulgativo da Cova do Rei Cintolo.
No ano 2011 Concello de Mondoñedo regulou a posibilidade de visitas guiadas á Cova. Sendo así, a primeira e única Cova galega, habilitada para visitas e, agora, “continuamos a promover este recurso”. Con esta pretensión divulgativa, o Concello programa desenvolver un proxecto de colocación de paneis informativos e mesas explicativas da Cova do Rei Cintolo. Por unha banda, con información relevante como son o horario de visitas, apertura, recomendacións e, por outra banda, coas características histórico científicas máis importantes. Ademais o proxecto tamén inclúe a colocación de dez paneis de tamaño A5 que irán dentro da Cova con recomendacións puntuais e a creación dunha páxina web.
Selo internacional
O procedemento para ser Destino Turístico Científico implica unha solicitude polo Concello, trala que o órgano xestor de Observer decididirá se o solicitante cumpre cos requisitos mínimos. Unha vez iniciado o proceso de certificación, este implica o desenvolvemento dun proceso de auditoría que consiste nunha avaliación e estudio da zona, no que se teñen en conta valores obxectivos, como poden ser as diferencias naturais de cada territorio, zona ou lugar, entre outras variables. Ademais tamén se ofrece un enfoque cuantitativo para entender e xestionar os impactos derivados da implementación do Turismo Científico. Tras o informe emitido polo auditor, este será revisado detalladamente polo Comité Observer®, (expertos independentes de recoñecido prestixio provenientes de diferentes áreas e disciplinas científicas)iniciándose así a fase de Certificación, que inclúe e ofrece un sistema estándar de valoración da calidade dos produtos e servizos creados baixo o concepto de Turismo Científico, dando asesoría aos solicitantes.
Cova do Rei Cintolo e visitas
A Cova do Rei Cintolo é a caverna calcaria máis grande de Galicia, cun desenvolvemento de 6.500 metros de lonxitude, dos cales máis da metade topografiados, e conta cun desnivel de 75 metros.
Estrutúrase en catro sectores: Sector Central, Zona Nova, Vía dos Apóstolos e Dédalo Sur. Pola súa cota máis baixa discorre o Río Celtas. Foi catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia como depósito de tipo Paleolítico.
As visitas á cavidade, pódense concertar na Oficina Municipal de Turismo (Teléfono: 982.50.71.77).














A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.



