Foz, 2 de novembro de 2018. O 9 de novembro chega unha nova edición do tradicional Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz e que repartirá durante este mes 2.400 euros en vales de compra. Un total de 41 establecementos comerciais e 13 locais de hostalería participan nesta campaña na que se premiará unha vez máis a fidelidade dos seus clientes.
Os días 9, 16, 23 e 30 de novembro celebraranse os sorteos de 300 euros en vales de compra ao que cante en primeiro lugar o Campañazo e outros 300 euros para o resto de cartóns premiados. Os sorteos realizaranse cada venres, en directo a partir das 23:00 horas, por Radio Foz, no 107.4 da FM.
Desde a directiva de ACIA Foz explican que “a dinámica do xogo é a mesma de sempre. As persoas interesadas en levar un dos premios que se poñen en xogo deben facerse cos seus cartóns nalgún dos 41 establecementos comerciais que participan no Campañazo e despois os venres pola noite teñen que seguir os sorteos desde algún dos 13 bares, mesóns e restaurantes que se dan cita tamén nesta campaña. O primeiro que cante o Campañazo e que chame a Radio Foz para comunicalo será o que leve os 300 euros en vales de compra. E haberá tamén outros 300 euros para o resto de cartóns premiados”.
No Campañazo de Foz participarán os seguintes establecementos comerciais: Alain Afflelou Óptica, Asesoría Marcos Fernández, Buxo Xogos, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Dietética Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chuvia, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco nº2 (García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mi Momento Gourmet, MRW, OfiFoz, Pastelería Anduriña, Peluquería Luz, Peluquería Ramoné, Salai Campo, Sueños, Suministros Veipa, Unique 2, Vagaluz, Viajes Rodríguez e Zapatería Carmen León.
Ademais nesta campaña, organizada por CCA/ACIA Foz, tamén participan os seguintes locais de hostalería: A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Casa Damián, Casa Maño, Costumes do Mar, Pizzería Xoiña, Portochico, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma.
O Concello de Foz e Radio Foz colaboran co CCA de Foz na organización desta actividade para incentivar as compras no comercio de proximidade e o consumo nos locais de hostalería da vila.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



