Ribadeo, 16 de novembro de 2018. O Concello organiza xornadas de portas abertas ao novo Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo. A primeira será o 24 de novembro e nela participarán o alcalde, Fernando Suárez, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e a concelleira de Servizo Sociosanitarios, Sonia Meilán.
O rexedor dixo que “con todo o esforzo, con todo o agarimo, con toda a ilusión que poidamos ter os que dedicamos o mellor de nós mesmos ao servizo público queremos entrar agora nunha nova fase definitiva, previa ao funcionamento ordinario do Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo, a residencia de Ribadeo”.
Suárez Barcia contou que “nestes días asinaremos entre o Concello e a Deputación o convenio específico de xestión e tamén mandaremos a documentación á Xunta para que nos dean a autorización de inicio de actividade. Pero tamén convén que a xente vaia vendo e sabendo de primeira man o que fomos conseguindo, o que fomos construíndo e equipando, logo dun grandísimo esforzo de algo que é un grande logro para Ribadeo, polo que algo que está dirixido aos nosos paisanos e paisanas sexan vostedes mesmos quen acudan a velo”.
O alcalde subliñou que “desde o Concello imos celebrar unhas xornadas de portas abertas, concretamente o acto vai ser o sábado 24 de novembro ás doce do mediodía e no que nos vai acompañar, como non, Darío Campos, que é o presidente da Deputación de Lugo, esta entidade que desde o primeiro momento estivo con nós man a man para conseguir isto, que está a piques de ser realidade e un orgullo para todo Ribadeo e para toda a comarca”.
E engadiu: “logo deste acto o Centro de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo seguirá abrindo as súas portas para dar a coñecer as instalacións en horarios de mañá e tarde nesa mesma fin de semana, así como nas do 1 e 2 de decembro e 8 e 9 de decembro, sempre en horarios de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas”.
Fernando Suárez convida á veciñanza a visitar estas novas instalacións: “así que quedades todos convidados e convidadas ao acto de portas abertas deste 24 de novembro ás doce do mediodía así como ao longo desa fin de semana e nas dúas seguintes nos horarios indicados”.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.