Ribadeo, 15 de novembro de 2018. O vindeiro luns, día 19, arrinca unha nova tempada do programa Aquí?… coma de 20! que o Concello de Ribadeo leva ás parroquias.
A Área de Servizos Sociosanitarios pon en marcha unha nova edición, a sexta, destas tardes de lecer nas parroquias ribadenses. “As actividades están destinadas ás persoas que queiran compartir uns intres de lecer cos seus veciños e veciñas. Potenciaremos as relacións sociais e axudaremos a fortalecer as nosas memorias, motricidade, a participación activa na comunidade…”, explica Susana Álvarez, dinamizadora sociocultural do Concello.
Haberá tardes de lecer os luns en Vilela, en Cinxe os martes, en Rinlo os mércores, en Cedofeita os xoves e en Santalla os venres. Será en horario de 15:30 a 17:00 horas.
As tardes de lecer tamén se desenvolverán en Remourelle os luns, en Vilaselán os martes, en Ribadeo os mércores, en As Anzas os xoves e en Couxela os venres. Neste caso serán de 17:30 a 19:00 horas.
A novidade desta tempada 2018-2019 é que Aquí?…coma de 20! chega a Ribadeo.
Desde o Concello explican que “as persoas poderán inscribirse o mesmo día no que acudan á actividade. E calquera pode acudir á parroquia ou lugar onde lle sexa máis cómodo. Incluso poderán asistir a varias parroquias”.
As concelleiras de Servizos Sociosanitarios e Igualdade e Educación, Sonia Meilán e Mariluz Álvarez Lastra, animan “ás persoas a que se anoten a esta tardes de lecer. E queremos agradecer o incremento paulatino de participación durante todos estes anos.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



