Burela 20-12-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo presentou esta mañá na Lonxa de Armadores Burela a súa campaña de promoción “Merluza do Pincho de Burela”, que inclúe un calendario 2019 con receitas de chefs galegos do Grupo Nove e presencia nas redes sociais e medios de comunicación durante as datas de Nadal, ademais doutras accións que se anunciarán antes de fin de ano.
Na presentación, que tivo lugar nunha das salas de subastas da lonxa burelesa, participaron representanes da OPP-07 e de Armadores de Burela: Juan José Otero, Sergio López e José Manuel Fernández, presidente, xerente e técnico da OPP Lugo; Abelardo Basanta e Miguel Neira, presidente e xerente de Armadores de Burela.
Defendendo que a pescada do pincho é un produto fresco disponible durante todo o ano, a OPP-07 lanza un calendario de parede con doce receitas de pescada do pincho de Burela acompañada con outros ingredientes de temporada. O recetario está elaborado por catro cociñeiros do Grupo Nove: Miguel Ángel Campos, Iñaki Bretal e Héctor López, que estiveron presentes no acto, e Beatriz Sotelo.
Algunhas das receitas que aparecen no calendario son:
Merluza do Pincho de Burela en salsa verde de algas e ourizos
Merluza do Pincho de Burela con consomé de crustáceos e moluscos
Cococha de Merluza do Pincho de Burela ao pil pil
Merluza do Pincho de Burela rebozada en brona, fungos e fiúncho silvestre sobre crema de cúrcuma e níscalos
Merluza maki, emulsión de pementos de Padrón dos que pican, ovas de choco e crocantes de cigala
Merluza do Pincho de Burela á sal de algas
Fabas de Lourenzá con Merluza do Pincho de Burela e níscalos
Merluza do Pincho de Burela, codium e calamar
Merluza do Pincho de Burela, crema de cebola asada y verduras á brasa
Merluza do Pincho de Burela ao vapor con arroz de berberechos
Ademais do calendario para o ano 2019, durante estas datas está circulando a través das redes sociais e os medios de comunicación a campaña “Este Nadal, Merluza do Pincho de Burela”, que anima a que este producto sexa a estrela da cociña navideña, e que parte de catro ideas principais:
a Merluza do Pincho de Burela é un alimento ideal para unha dieta saudable
a Merluza do Pincho de Burela é unha xoia da gastronomía
a Merluza de Burela péscase 100% con anzol
Burela é a capital da Merluza do Pincho, principal lonxa galega en comercialización de pescada do pincho
Desde a OPP Lugo avanzan que nos próximos días darase a coñecer a última das accións promocionais da campaña “Este Nadal, Merluza de Burela”.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



