Ribadeo, 20 de decembro de 2018. A Ponte dos Santos recuperará mañá, día 21, a iluminación que perdeu hai anos. Será nun acto previsto para as seis da tarde. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que rematará así a noite da infamia á que foron sometidos Ribadeo e Castropol. O rexedor lembrou que durante moito tempo lle foi solicitado ao goberno do Estado que volvese iluminar esta infraestrutura, algo que non se produciu ata a chegada do novo ministro de Fomento.
Fernando Suárez dixo: “por fin mañá vai rematar este período de varios anos de infamia á que nos tivo sometido o goberno do Estado coa súa cabezonería de non iluminar a Ponte dos Santos.”
Para o alcalde ribadense “é unha situación terrible, que foi denunciada polo Concello de Ribadeo en numerosas ocasións, pedida por escrito formalmente ao goberno do Estado varias veces, tanto por parte dos plenos de Ribadeo e de Castropol como das Alcaldías dos dous lados. Sinceramente, desde Ribadeo, chegamos a dicirlles aos responsables do goberno do Estado que de chegar a haber algún accidente ou algún incidente por esa falta de luz, serían responsables penais de todo o que puidese ocasionar”.
O rexedor lembrou que “isto tivo que ver con esta misiva que lle volvemos mandar ao novo ministro de Fomento deste novo goberno dicindo que non podían seguir marxinando esta Ponte dos Santos, polos veciños dun lado e doutro da ría de Ribadeo, pola inxente cantidade de peregrinos que usan o Camiño Norte cada vez en máis número, e pola situación dunhas beirarrúas tan estreitas nun clima de vento na época de inverno que o fan realmente perigoso”.
Suárez Barcia sinalou que “por fin o goberno do Estado cumpriu a palabra dada e en poucos meses como vai ser mañá, cumprirá e acenderemos as luces. Non será como o alumeado de Vigo, por poñer unha nota de humor, pero si que será un bo regalo de Reis porque pese a que non era moito diñeiro sempre nos foi negado desde o goberno do Estado, pese a que a Xunta de Galicia, por máis que llo pedimos, non fixo absolutamente nada. Agora en moi poucas semanas, dixeron que si, puxérono a andar e mañá acabará a noite da infamia de seis ou sete anos”.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



