Ribadeo, 21 de decembro de 2018. Desde esta tarde ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%. A novidade deste ano é que haberá sesións nocturnas de patinaxe os venres e os sábados de dez a doce da noite, acompañadas de música. A pista de xeo natural é unha iniciativa do Concello e de Acisa.
A instalación abrirá en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 22 horas, agás o 24 e o 31 de decembro que pechará ás oito da tarde. Os venres e sábados haberá sesión nocturna con música a cargo de djs de dez a doce da noite.
O prezo das entradas será de 6 euros. Os tíckets de ter comprado nos locais asociados a Acisa terán un desconto do 50%, é dicir pagarán pola entrada 3 euros. E para grupos de 10 persoas ou máis o prezo será de 5 euros.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



