O Valadouro, 20 de decembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o concello do Valadouro recibiu do Goberno galego preto de 1 millón de euros do Fondo de Cooperación Local dende o ano 2014, un investimento que “o goberno local pode investir naquelas competencias municipais que considere prioritarias”.
Balseiro lembrou que o abastecemento é un servizo de competencia municipal “polo que a responsabilidade de que chegue a todos os veciños e estea en boas condicións recae no goberno local”. Neste sentido, subliñou que a Xunta colabora coas arcas municipais a través de diversos programas de investimento, “precisamente para axudar aos concellos a sacar adiante obras e servizos da súa competencia”.
Na mesma liña, sinalou que durante ese mesmo período “o concello percibiu máis de 800.000 euros do Fondo de Compensación Local tamén para obras e servizos municipais, que o goberno local que dirixe Edmundo Maseda puido destinar a mellorar o abastecemento”.
De feito, explicou Balseiro, o concello recibiu este ano con cargo a este fondo 165.000 euros, e destinou unha parte a realizar melloras na estación depuradora de auga potable situada en Santa Cruz. O pasado ano foron 171.660 euros e tamén se financiou, entre outros traballos, a conexión do Campo do Árbol á rede de saneamento.
O delegado lembrou que a Xunta distribúe ambos fondos en base a criterios obxectivos. O Fondo de Cooperación atende especialmente a criterios de poboación, pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), e o Fondo de Compensación ao volume das instalacións eólicas asentadas en cada municipio.
“O Goberno galego inviste en todos os concellos con criterios de transparencia e equidade, realizando obras, impulsando os servizos de xestión propia, e contribuíndo a que os concellos poidan desenvolver as súas competencias en beneficio de todos os veciños e veciñas”, concluíu Balseiro.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



