Burela, 8 de decembro de 2018. Coa entrada en funcionamento das novas instalacións do Hospital da Mariña, en Burela, producíronse cambios no tráfico rodado. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que para subir a este centro haberá que facelo pola rúa dos Institutos e a saída será a través de Rafael Vior. Ambas rúas serán de dirección única.
O rexedor dixo que “hoxe inaugurouse o funcionamento das novas instalacións do Hospital, tanto o aparcamento como as dependencias para a atención sanitaria, e quero dicir que derivado disto, tal e como está agora a porta de entrada do Hospital, se modificou substancialmente o tráfico rodado nesa zona”.
Alfredo Llano pide a colaboración veciñal e dos usuarios do Hospital da Mariña: “teño que dicir, para que o saiba todo o mundo, para que colabore e que estea atento, que agora a subida é pola rúa dos Institutos, pasa paralela nun só sentido ata a rúa Rafael Vior, que pasa a ser unidireccional e vai ser de baixada ata a rúa Real. Deste xeito sería a subida pola rúa dos Institutos para ir ao Hospital e a baixada por Rafael Vior, que pasa a ser unidireccional ao igual que a rúa que pasa por diante do Hospital. É para que o saiba todo o mundo, que colabore e teña a seguridade de facer estas manobras que van estar perfectamente indicadas. A ver se entre todos dinamizamos o tráfico e non se crean problemas nesa zona que é moi importante”.
Xestión da Concellería de Cultura
O alcalde referiuse ás últimas críticas vertidas polo PP sobre José Díaz: “desde o equipo de goberno procuramos facer sempre o noso traballo da mellor maneira posible, pensando no ben común e sen horarios porque estamos no Concello moitas horas polo día e incluso pola noite, atendemos a todo mundo sexa nas rúas ou no propio Concello. Pero realmente o que nos interesa é facer un bo traballo, ter unha boa representatividade e atender o que nos din os veciños, sexan os problemas que sexan”.
Llano puntualizou que “isto vén a conto porque hai unhas críticas sobre un dos concelleiros que está traballando moi duro, como se está traballando noutras áreas, pero neste caso é en Cultura, Educación e Sanidade, o noso concelleiro José Díaz. E non se pode admitir unha crítica dando a entender que non está aquí o tempo suficiente e que non vén ás xuntas de goberno local. É certo que faltou a algunha derivado da súa actividade profesional, porque José Díaz está cobrando a metade dunha dedicación ao Concello e por tanto ten que traballar na súa profesión para poder chegar a final de mes, como todo o mundo. Polo tanto nalgún momento xustificadamente non veu á reunión da xunta de goberno local, pero iso non xerou para nada ningún problema nin houbo que aprazar ningunha xunta de goberno por algunha ausencia. Normalmente vimos todos porque é a nosa obrigación, pero tamén hai que ter en conta que poden suceder cousas na vida que impiden vir ao Concello nos horarios previstos”.
O alcalde subliñou: “pero que non quede ningunha dúbida de que se está cumprindo á perfección, tanto por parte de José Díaz como do resto dos concelleiros, que procuramos facer unha boa labor, sempre pensando no mellor para os nosos veciños. Por tanto non se pode admitir ningunha dúbida sobre esta persoa porque está traballando moito en horario que non lle corresponde durante moitísimo tempo. E xa se ve a labor clara, contundente, de rigor e de calidade que está facendo no noso concello porque hoxe mesmo somos o referente claro da cultura en toda a comarca da Mariña e en Asturias e na provincia da Coruña; e quero que o saiba todo o mundo”.
Alfredo Llano engadiu que “foise Patricia Otero e veu outro concelleiro, Manuel José, e había unha media dedicación, que tiña Patricia Otero, e agora queda para gastos xerais do Concello, dado que asumimos as responsabilidades do que facía Patricia os outros concelleiros e o alcalde. Por tanto eliminamos esa media dedicación co fin de reducir gastos ao Concello, e tamén quero que se saiba, porque non estamos aquí para aproveitarnos. Estamos facendo as cousas da mellor forma posible e por tanto creo que é unha inxustiza absoluta e unha maldade que se fagan esas manifestacións sobre José Díaz”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



