Lugo, 5 de decembro de 2018.- A Agrupación Provincial Socialista de Lugo constituíu este mércores o 1º Consello de Alcaldes Socialistas co obxectivo de defender os dereitos e intereses dos lucenses. Este órgano do partido, que estará presidido pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, terá reunións periódicas para deliberar e adoptar posturas sobre calquera asunto e tema que afecte a administración local e aos veciños da provincia de Lugo, facendo un fronte común ás políticas discriminatorias do PP na Xunta de Galicia nos Concellos onde goberna o PSOE.
Nesta reunión constitutiva os rexedores abordaron os seguintes 3 temas de especial relevancia para os Concellos:
Principio de Subsidiariedade
Os socialistas denuncian que os Concellos están asumindo competencias que non son propias dos municipios porque as administracións que teñen a obriga de facelas non o fan. Os Alcaldes do PSOE comprometéronse a identificar, cuantificar e certificar o custe de todas estas competencias para tratar que as administracións que non as están exercendo acheguen eses investimentos para que se fagan realidade.
Fondos de Cooperación Local
Os rexedores socialistas critican que as 2/3 partes dos recursos que posúe dito fondo son asignados por interese políticos, a Concellos habitualmente gobernados polo PP. Por primeira vez, no ano 2018, o Partido Popular na Xunta de Galicia repartiu en base a criterios non obxectivos máis de 234 millóns de euros a través de convenios e subvencións. Os socialistas recordan que o fondo creouse para paliar as desigualdades territoriais e que non se está cumprindo. Por este motivo, os Alcaldes da provincia de Lugo están de acordo en tratar de canalizar e vehiculizar unha proposta para que o 100% do Fondo de Cooperación Local de Galicia sexa distribuído en base a criterios obxectivos e solidarios para un equilibrio territorial.
Canon da Auga
Un tema polo que amosaron moita preocupación os Alcaldes lucenses foi o Canon da Auga que impuxo o PP na Xunta de Galicia e que obriga aos Concellos a cobrar aos seus veciños e ingresar o recadado ao organismo autonómico. Según este canon, todo o recadado financiará única e exclusivamente actuacións en materia de abastecemento, saneamento e explotación de depuradoras de augas residuais e xestión dos ríos, tendo coma un dos obxectivos primordiais fomentar o uso racional da auga e o aforro da mesma. Os socialistas denuncian que o Partido Popular non compromete en investimentos o ingresado, producindo remanentes que se empregan para outras actuacións diferentes as estipuladas no Canon.
O PSOE provincial censura que os 13 proxectos licitados na provincia de Lugo dende o ano 2015 só foron para 12 Concellos gobernados polos populares, contando cun investimento total de 4,8 millóns de euros. Os municipios son: Outeiro de Rei, Paradela, Sober, Friol, Foz, Mondoñedo, Cospeito, Begonte, O Páramo, Taboada, Lourenzá (en 2015, cando gobernaba o PP) e Vilalba. Por este motivo, os socialistas esixen un Plan Estratéxico de Infraestruturas Hidráulicas deseñado en base a criterios obxectivos e coa participación dos Concellos, que recolla actuacións concretas a desenvolver coa totalidade do Canon recadado.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



