Madrid, 26 de decembro 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixiuse ao Ministro de Fomento, José Antonio Ábalos, para poñerlle sobre a mesa a asignatura pendente de rehabilitación e reforma das estradas estatais ao seu paso por Lugo.
O deputado de En Marea demanda a Ábalos que active canto antes un Plan de Reforma urxente dos viais da súa titularidade que están en moi malas condicións, tal e como “vimos denunciando ao longo de toda a lexislatura”.
N-642,N-640, N-540, N-120…
Fernán Vello que apremiou ao Ministerio a poñer o foco sobre as dúas estradas que aparecen no Informe de EuroRAP como as máis perigosas do estado, a N-642 e a N-640, reclámalle agora en novas iniciativas que engada o arranxo dos outros viais que figuran nun nivel de risco medio como a N-640 desde Pontenova a Meira, a N-120 desde Quiroga a Pobra de Brollón, e a N-540 á altura de A Barrela, entre os quilómetros 65 e 81.
O parlamentar de En Marea chama a atención sobre “a situación desastrosa das infraestruturas viarias estatais no territorio lugués. Non hai estrada que se salve. Todas presentan problemas que se foron agravando co paso do tempo debido á falla de investimentos, de mantemento ou de arranxos. O esquecemento, o abandono converteunas en moi perigosas. E o pior é que Fomento continúa sen tomarse en serio este problema. Temos que reclamar decote, e os lugueses e as lugueses deben circular por estradas deterioradas con alto risco para a condución. Tan difícil é interiorizar e asumir esto?”, pregúntase Fernán Vello.
“Estaremos atentos aos Orzamentos para que as estradas de Lugo non fiquen fóra”
Miguel Anxo Fernán Vello insta a Ábalos a atallar xa este estado, a activar os investimentos precisos e necesarios para levar a cabo un Plan de Mellora dos viais. “Que sentido ten ter infraestruturas se se deixan apodrecer?”. Neste sentido, anuncia o deputado de En Marea que “imos estar atentos ao proxecto de Orzamentos cando o Goberno o traía á Cámara, e o mal estado das estradas por Lugo vai ser un das nosas preocupacións. De non contar coas inversión precisas, presentaremos unha batería de emendas “.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



