Lugo, 26 de decembro, 2018. O Grupo Provincial do Partido Popular presentou hoxe unha emenda no Pleno da Deputación durante o debate da moción para converter o Mirador de Mondoñedo nun Centro de Inmersión Lingüística que, ao ser aceptada, promove un acordo para que a Deputación rehabilite o Mirador, protexa de xeito inmediato as obras de rehabilitación e mellora que se acometeron nel e que, ademais, se dote á cidade dun Centro de Inmersión Lingüística. Neste caso, mostráronse a favor tanto o BNG coma o propio Grupo Provincial Popular; mentres que o Goberno Provincial “se pon de perfil perdendo a ocasión, precisamente na súa condición de Goberno provincial, de amosar o seu compromiso coa posta en valor do Mirador”.
En concreto, os populares consideran que dado o estado de abandono no que se atopa actualmente o Mirador de Mondoñedo e a pesar de que se comezará a lousar o vindeiro 2 de xaneiro, o asentamento dun Centro de Inmersión Lingüística na cidade pode tardar anos. Por iso, quixeron abrir a oportunidade de que esta localidade poida contar cun Centro de Inmersión Lingüística xa noutra instalación, mentres o Mirador non reúne as condicións para o seu asentamento no edificio anteriormente hoteleiro.
Un BNG, incoherente
Elena Candia amosouse crítica coa “incoherencia” do BNG xa que durante anos “limitáronse a tapiar soamente as fiestras do Mirador pese a que tiñan responsabilidades de Goberno e acórdanse na oposición”. “É agora, cando as contas da Deputación para o vindeiro ano, recollen dotación económica para o Mirador”, explicou Candia, quen lembrou que os orzamentos da Deputación se aproban “pola actitude construtiva do PP” para que haxa investimentos na provincia.
Inexplicable a actitude do PSOE
Os populares tamén consideran inexplicable a actitude do PSOE “ao absterse” nunha iniciativa que trae melloras para Mondoñedo. “Semella que é un asunto que non vai con eles, algo que non consideramos xusto dado a que gobernan a institución que é propietaria do edificio, ademais de tratarse dunha proposta impulsada polos veciños, e máis despois de abandonar durante anos o edificio que hoxe está totalmente desvalixado”.
Antecedentes
A voceira do Grupo Provincial do PP lembra que no ano 2007, o anterior presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, prometeu a rehabilitación do Mirador, nesta ocasión coa pretensión de dedicalo a prazas hoteleiras. No 2010, este compromiso do Goberno socialista de Deputación non se tiña feito realidade e dende o Grupo Provincial do Partido Popular pedían que se actuase neste edificio, en cuxas instalacións mesmo se atopaban animais mortos. E no 2011, o PSOE saca a subasta o edificio, un procedemento que queda deserto.
Tras unha iniciativa presentada polo Grupo Provincial do PP, aprobada por unanimidade en xaneiro do 2014, para poñer en valor os edificios abandonados da Deputación; o Goberno do PSOE na Deputación propón converter o Mirador nun albergue de peregrinos “unha proposta que atopou co rexeitamento dos veciños”.
A proposta de dotar a Mondoñedo dun Centro de Inmersión Lingüística “nace dos veciños, tal e como nolo trasladaron nos encontros de participación cidadá”, indica a voceira do Grupo Provincial Popular e alcaldesa da cidade.


























No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.



