Foz, 5 de decembro de 2018.- A Agrupación Socialista de Foz agradeceu ao Goberno da Deputación os investimentos achegados para o impulso e o fomento do deporte no municipio mariñán. Foron máis de 285.000 euros os que o organismo provincial destinou para a celebración de actividades deportivas, renovación e dotación de instalacións, así como para os gastos correntes de clubs e asociacións deportivas de Foz.
O candidato socialista á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, puxo en valor a aportación económica da Deputación e subliñou que “estas colaboracións enmárcanse dentro da nosa aposta pola promoción do deporte como un hábito de vida saudable, capaz de dinamizar a economía e o turismo dos concellos da provincia. Neste eido, dende o Partido Socialista traballamos para ofrecer aos focenses servizos públicos que cremos que son necesarios e xustos para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas e combater, deste xeito, o despoboamento demográfico”.
A agrupación destacou os 100.000 euros que o Goberno da Deputación achegou para a construción do novo hangar de piraguas, que permite o pleno desenvolvemento das labores de formación e promoción do piragüismo na Mariña, cubrindo a demanda de espazo existente debido ao elevado número de usuarios desta modalidade deportiva, así como outros 100.000 euros para dotar de novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz, onde realizan os adestramentos todas as categorías do Club Deportivo Foz e que empregan máis de 300 rapaces da vila, xa que tamén adestran as Escolas Deportivas e os alumnos do Colexio.
85.000 euros para entidades e colectivos
O PSOE de Foz destacou que os 85.000 euros restantes foron para o pulo do deporte, pois con este orzamento o Executivo Provincial colaborou con distintos colectivos. Por exemplo, co Club Deportivo Foz, Club Baloncesto Celtas de Foz, Club Kayak de Foz ou o Club Ciclista de Foz, que recibiron axudas para a súa actividade competitiva. O Goberno socialistas na Deputación tamén contribuíu á posta en marcha de actividades da Asociación Deportiva Nuestra Señora del Pilar; da escola de tenis do Club de Tenis de Foz; da escola de Vela do Club Náutico de Foz ou da Agrupación Deportiva Martínez Otero. Ademais, financiou a organización do Torneo de Fútbol Foz Costa Nova Cup, da Liga de Inverno de tenis ou do Campus de Verán de patinaxe artística, entre outras.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



