Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018. Os establecementos hoteleiros de Lugo superaron unha ocupación do 70% durante a pasada ponte de decembro. Así o sinala o balance provisional realizado polo Clúster de Turismo de Galicia nuns datos que amosan unha vez máis a importancia destas datas na nosa demanda turística, especialmente no turismo urbano, o turismo rural e as escapadas de última hora.
Este primeiro balance basease en valoracións proporcionadas por representantes do sector, principalmente do ámbito hoteleiro, que ofrecen unha visión aproximada á espera dos datos definitivos. O resultado confirma as previsións esperadas nunha ponte que tradicionalmente funciona ben, malia que nesta ocasión unha das xornadas festivas coincidiu en fin de semana.
Por destinos, a zona centro de Lugo tivo unha ocupación media do 71,64%, moi similar á rexistrada na Terra Chá, do 71,43%, e a Mariña e a Ribeira Sacra, ambas no 70%. En xeral, segundo manifestan desde o sector, tratouse dun visitante eminentemente nacional.
A desestacionalización da chegada de visitantes é precisamente un dos retos polos que traballa a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, o documento impulsado pola Xunta froito da colaboración público-privada. Así, trátase de poñer en valor, dun xeito sustentable, unha oferta atractiva durante todo o ano a través de experiencias vencelladas a recursos propios como o termalismo, a natureza, o patrimonio, o enoturismo ou o turismo activo, entre outros.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



