Burela, 10 de decembro de 2018. A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude en colaboración coa administración provincial ten o pracer de convidar @s alumn@s, aos equipos docentes, asociacións de nais e pais de todos os centros educativos da Mariña Lucense, así como ao público en xeral a asistir á charla A produción cinematográfica, que terá lugar o vindeiro venres, 14 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela. Será impartida por Alfonso Zarauza, cineasta compostelán gañador de 2 premios Mestre Mateo ao mellor guión e mellor director polo seu filme Os fenómenos e Carlos M. Carbonell, produtor do filme Arima, gravado recentemente na provincia de Lugo.
De seguido proxectarase a curtametraxe A rapa das bestas, de Jaione Camborda e a longametraxe Os fenómenos do propio Zarauza. Trátase dun drama social que, con pinceladas de humor, fala do esplendor e decadencia do ladrillo. Un filme que conta no reparto con Lola Dueñas, Ledicia Sola, Patricia Vázquez, Luís Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel De Lira, Antonio Durán “Morris”, Xosé Antonio Touriñán, Federico Pérez, Marcos Javier Fernández Eimil, Farruco Castromán e Xulio Abonjo.
Sinopse
Neneta é unha muller que vive nunha furgoneta desde fai tres anos na costa de Almería e ve como a súa parella Lobo desaparece xusto o día no que ía empezar a traballar. Ela ten que recoller o campamento e volverse co seu bebé na furgoneta ao seu pobo natal en Ferrol. Ao regresar todo son dificultades, non logra atopar traballo e ten que seguir vivindo na furgoneta ata que consegue un posto de peón na construción. Sofre a dureza do traballo e o feito de ser muller nun oficio de homes, pero consegue sobrepoñerse con coraxe e en compañía da súa cuadrilla empezan a ser coñecidos polo construtor como os fenómenos, pola súa capacidade para levantar metros cadrados construídos.
A entrada para asistir á charla e ás proxeccións é gratuíta.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



