Viveiro 19-12-18. A relación de varias mulleres e homes de Foz co mar ao longo da súa vida e o día a día da tripulación a bordo do palangreiro Raúl Primero son os eixos temáticos sobre os que xiran as curtametraxes que se estrearán este xoves día 20 ás 18:30 nos Cines Viveiro. Este acto supón o broche final ao programa formativo “Vidas mariñeiras”. Alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato do IES de Foz, e de 1º de Bacharelato do IES Monte Castelo de Burela foron os beneficiarios desta actividade formativa que lles achegou por primeira vez unha base teórico práctica en materia audiovisual.
Este é o primeiro ano que o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal promove “Vidas mariñeiras”, un proxecto dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros de ensino dos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo. O obxectivo: proporcionar a formación suficiente para levar a cabo a guionización, dirección e realización dunha curtametraxe co apoio de persoal técnico profesional, e ao tempo poñer en valor os oficios tradicionais e paisaxes mariñeiras da costa da Mariña-Ortegal.
As obras que se presentan este martes partiron das ideas gañadoras do concurso fallado o pasado mes de outubro. Foron os alumnos e alumnas dos centros da zona quen presentaron, por grupos, presentaron o borrador do que acabaría sendo a súa primeira curtametraxe. Para desenvolver o programa contouse cos docentes e cineastas Xurxo Insua e Marcos Flórez, baixo a coordinación do Laboratorio NUMAX.
Mans salgadas é un filme realizado por alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato do IES de Foz. Nel, mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus antigos oficios. Ademais, emocionantes filmacións e fotografías de arquivo, xunto con poemas de Luisa Castro e de Manuel María acompañan esta memoria de Foz.
Todos os días o mar foi dirixido por alumnado de 1º de Bacharelato do IES Monte Castelo de Burela. Trátase dun retrato do día a día da tripulación do palangreiro de fondo Raúl Primero no seu duro traballo, dedicado á pesca artesanal da pescada no Gran Sol: unha viaxe continua de ida e volta ao mar.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



