Lugo, 25 de xaneiro de 2019. O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantiveron un encontro este venres cos 23 novos empregados que comezaron a traballar na Deputación grazas ao programa Primeira Oportunidade. A través desta iniciativa, o Executivo Provincial ofrece a posibilidade de ter unha primeira experiencia laboral a recén titulados en Formación Profesional e Graos impartidos na provincia de Lugo, así como a persoas que, pese a ter traballado noutros eidos, non tiveron a oportunidade de desenvolverse no seu ámbito profesional específico.
Durante o encontro, os novos empregados que acaban de incorporarse á Institución Provincial, asinaron os seus contratos laborais. Campos Conde deu a benvida aos traballadores e sinalou que “con esta programación de emprego tratamos de ofrecer experiencia a mozos que remataron os estudos e buscan acceder ao mercado laboral, así como a persoas que non tiveron a oportunidade de traballar no sector no que se formaron, ao mesmo tempo que reforzamos os servizos da Deputación, podendo ofrecer unha mellor atención aos cidadáns”.
Nesta liña, o Presidente puxo en valor a necesidade de reter o talento lucense e evitar a fuga de talento, “un problema ao que damos resposta, poñendo en marcha esta liña de emprego. Deste xeito, ofrecemos saídas e experiencia laboral na nosa provincia, apoiando a un dos colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir un posto de traballo: mozos que recentemente acaban de rematar os estudos e buscan o seu primeiro emprego. Esta programación é un exemplo máis da nosa preocupación por un dos sectores máis castigados e con maior taxa de paro como é o xuvenil”.
Perfís contratados
Trátase de contratos en prácticas cunha duración máxima de 2 anos que se deseñaron en base á oferta formativa lucense en Formación Profesional e estudos de Grao, así como atendendo ás necesidades dos servizos da Deputación. Os perfís contratados dentro do Plan de Primeira Oportunidade son:
– Graduado en administración e dirección de empresas
– Técnico superior en administración e finanzas
– Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web
– Técnico superior en marketing e publicidade
– Técnico superior de artes plásticas e deseño en fotografía
artística
– Titulado superior en deseño gráfico
– Técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede
– Técnico superior en asistencia á dirección
– Enxeñeiro agrónomo
– Enxeñeiro técnico en topografía
– Técnico en xestión forestal e do medio natural
– Enxeñeiro técnico agrícola
– Graduado en humanidades
– Técnicos superior en sistemas de telecomunicación e informáticos






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).