Lugo, 24 de xaneiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, efectuou hoxe unha visita institucional aos concellos de Lourenzá e Trabada, para interesarse polas principais demandas destes dous municipios, nos que mantivo reunións coas respectivas alcaldesas, Rocío López e Mayra García Bermúdez.
Isabel Rodríguez comezou a súa viaxe a estes dous municipios da comarca da Mariña en Lourenzá, onde se reuniu coa alcaldesa e varios membros do seu equipo. No encontro, a alcaldesa espúxolle á subdelegada do Goberno varios asuntos que lle preocupan, especialmente o estado de deterioro no que se atopa o Mosteiro de San Salvador, monumento emblemático de Lourenzá que está considerado un dos bens máis importante do patrimonio deste municipio. Asímesmo, Rocío López plantexoulle cuestións relacionadas coa accesibilidade do concello e Isabel Rodríguez explicoulle as obras de mellora que leva a cabo o ministerio de Fomento na N-634.
A subdelegada do Goberno viaxou tamén a Trabada para reunirse coa alcaldesa, Mayra García, coa que tratou do proxecto para a realización de diversas melloras na área recreativa da Choza, na parroquia de Abres. Entre outras obras, está prevista a execución dunha escollera para evitar a caída dun talud, que podería afectar á pasarela existente na zona. Asimesmo, a actuación comprendería outras melloras na zona do embarcadoiro consistentes na limpeza de lodos sentimentados.