Alfoz, 24 de Xaneiro de 2019. Alfoz está de novo esta semana presente na Feria Internacional de Turismo FITUR, seguindo coa campaña de promoción turística “Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar”, arroupando a delegación do xeodestino “A Mariña Lucense”, sen dúbida un escaparate ideal para mostrar os recursos turísticos do concello en particular e da comarca en xeral.
Como Dato singular, o concelleiro responsable da Área de Cultura e Turismo de Alfoz, Xabier Pardiñas, e o cónsul de Uzbekistán en Madrid, Sardor Sadikov, reuníronse na embaixada da República de Uzbekistán en España tratando a posibilidade de que unha delegación do país de Asia Central visite A Mariña Lucense. Segundo apunta Xabier Pardiñas “os contactos comezaron o pasado mes de xuño na feira de turismo de Galicia Turexpo cando o propio cónsul visitou o noso stand e posteriormente nun encontro en Madrid por invitación do embaixador”. Nestes encontros, e na propia feira de FITUR, falouse da posibilidade de visitar Galicia a través da participación dunha misión comercial uzbeka que previsiblemente poda realizarse neste mesmo ano, “intentando que dentro destas visitas podan ser recibidos na Mariña para poder promocionar o noso xeodestino” indica Pardiñas.
Uzbekistán, presente en FITUR, é un pais que conta cunha superficie similar a España e cunha poboación de máis de 30 millóns de habitantes. Trátase dunha das economías emerxentes de Asia Central con crecementos anuais de ata o 8% nos últimos tempos. Desde o punto de vista turístico Uzbekistán celebra cada ano a Feira Internacional de Turismo de Tashkent “Turismo na Ruta da Seda” onde promocionan tanto o turismo interior como o internacional.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



