Alfoz, 31 de xaneiro de 2019.- Os veciños de Alfoz contarán con 2 millóns para o 2019. Así o adiantou o Alcalde, Jorge Val Díaz, que presenta no pleno de mañá a prposta de orzamento do seu goberno para a súa aprobación. “É un dos orzamentos máis altos da historia do Concello. Supón un aumento de 700.000 euros con respecto ao 2015, o último presuposto do PP, que representa un 35% máis. Dende que cheguei á Alcaldía, traballamos para recadar máis fondos públicos co principal obxectivo de mellorar os servizos municipais aos nosos veciños”.
“Unha prioridade para este goberno son os servizos sociais, por este motivo aumentamos un 15% os fondos para estas prestacións. Isto permitiranos atender a máis de 100 maiores do noso Concello co Servizo de Axuda no Fogar Básico e para dependentes”.
O rexedor socialista explicou que para investimentos hai unha partida de 630.000 euros e confía en que a cifra se poida ampliar. “Quero agradecer ao Goberno Provincial do PSOE na Deputación a súa implicacións pois xa nos garante a súa colaboración co Plan Único. Agardo que este ano a Xunta de Galicia teña, cando menos, a mesma consideración cos veciños de Alfoz”.
“Este ano remataremos o proxecto de mellora de traídas de auga municipais, co que nos comprometemos ao principio do mandato, cumprindo coa palabra dada aos nosos veciños”.
“Arranxaremos e acondicionaremos o firme de máis estradas, camiños e accesos municipais e instalaremos máis alumeados públicos nas zonas rurais, atendendo unha das maiores necesidades veciñais no municipio. Dinamizaremos economicamente e socialmente o Concello impulsando e promovendo a celebración de actividades turísticas, deportivas e culturais, como o Mercado Medieval.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



