Alfoz, 17 de xaneiro, 2019. O Partido Popular de Alfoz elixiu como presidente ao actual voceiro do Grupo Municipal do PP, Juanjo Fraga, que sucede no cargo a Emilio Lousas. Durante a xuntanza presidida pola presidenta provincial do PP, Elena Candia, a agrupación local tamén elixiu por unanimidade como candidato á alcaldía a Pepe Peinó, proposto pola nova xunta directiva do Partido no municipio.
Candia trasladou a confianza e respaldo á agrupación local e a Juanjo Fraga “coñecedores das necesidades do municipio; persoas que apostan por este pobo e polo seu rural, convencidos de que o PP é a mellor forza política para impulsar o mellor futuro posible para a localidade, centrándose nos seus recursos e na súa xente”. Así mesmo, puxo en valor “o traballo que está a desenvolver o Grupo Municipal do Partido Popular sempre ao servizo das peticións dos veciños”.
O PP pon o selo ao impulso do municipio
Candia sinalou que “a mellora e impulso do municipio de Alfoz leva o selo dos goberno do Partido Popular. Un destes exemplos atopámolo na recente finalización das obras sobre o terreo na área de reestruturación parcelaria do Val de Alfoz que demostran o compromiso da Xunta que preside Feijóo con estes procesos que permitan reorganizar as terras contribuíndo ao seu mellor aproveitamento por parte dos gandeiros e gandeiras do municipio”. De feito, “as inversións nas dúas parcelarias (Val de Alfoz e Pereiro-As Oiras) que supoñen preto do 95% da superficie agraria do municipio e involucran a máis de 2100 propietarios foron de 7 millóns de euros”, nomeou.
Así, a presidenta do PP lucense amósase convencida de que “o PP é a mellor forza política para impulsar o futuro da localidade, centrándose nos seus recursos e na súa xente e, polo tanto, apostando por este pobo e polo seu rural”.
Os logros do Partido Popular no municipio contrastan coa falta de compromiso do Goberno local que ten desatendidos aos alfocenses”, asegura a dirixente popular. “A mala xestión municipal reflíctese no feito de que nin tan sequera conseguiron investimentos relevantes da Deputación de Lugo, pese a ser da mesma cor política que o alcalde. Tivo que ser o PP grazas ao Plan Único o que conseguiu o maior esforzo por parte da administración provincial”, manifestou Candia.
Fraga: “O PP, a mellor opción para o concello de Alfoz”
O novo presidente do PP de Alfoz, pola súa banda, apuntou que “asumo este cargo convencido de que o Partido Popular é a mellor opción para o concello de Alfoz; xa que, como dixo o seu fundador, é o Partido que máis se parece a Galicia e, consecuentemente, a Alfoz”.
Fraga cre que “os afiliados desta agrupación merecen que poña todo o mellor de min e que traballe para facer que o noso partido sexa a forza maioritaria do concello. Sempre apostei por Alfoz, desde o remate da miña formación, como lugar de residencia e tamén para impulsar os proxectos laborais que van xurdindo e gustaríame ser partícipe de darlle oportunidades para vivir e traballar ao resto da xente que vive ou queira instalarse en Alfoz”.
Por todo isto, como novo presidente da agrupación popular no municipio, considera que “Pepe Peinó é o candidato ideal para dar un xiro de 180 graos ao rumbo do noso Concello que leva catro anos sumido no desentendemento dos gobernantes e na procura dos intereses particulares mentres abandona as necesidades dos alfocenses”.
Peinó, un exemplo de implicación coa veciñanza
Fraga apunta que “o candidato do PP á alcaldía de Alfoz é un gran coñecedor dos veciños de Alfoz. Leva dende o 1990 exercendo de mestre neste concello, polo que foron xa varias as xeracións que pasaron polas súas aulas. De feito, está dando clase a fillos de alumnos dos seus primeiros anos no municipio”. Así mesmo, di o presidente local que “Peinó é un gran coñecedor do colectivo de maior idade do municipio xa que sempre foi unha persoa moi activa na organización e participación en actos lúdico culturais”. Ademais, “a súa experiencia como concelleiro de Cultura durante o anterior mandato con goberno popular, faino coñecedor da xestión do noso Concello”. Polo tanto, “non dubido de que se vai rodear de xente moi válida para a súa candidatura como fai en tódolos eventos dos que toma parte”.
O presidente da agrupación popular local, Juanjo Fraga, asegura que “Pepe Peinó é unha persoa próxima a todo o mundo e cun carácter especialmente conciliador que se amosa sempre disposto a chegar a acordos polo ben común”. De feito, engade que “é un home que non escatima o seu tempo en dedicalo aos demais, algo imprescindible para unha persoa que opta a un cargo desta índole”, considera.
Polo tanto, Fraga cre que “é a persoa ideal para afrontar novos retos e novos proxectos para o noso concello. Non se pode ser alcalde por intereses económicos ou como hobby, hai que selo polas ganas de mellorar o día a día dos veciños e isto é o que Pepe leva demostrando durante tantos anos en Alfoz”.
Pola súa banda, o candidato popular á alcaldía de Alfoz, Pepe Peinó, asegura que “entendo a política como un medio de servizo público para axudar aos veciños e veciñas”. Por iso, márcase como prioridade “ofrecer un mandato sen ningún tipo de enfrontamentos”, senón avogando polo “entendemento” para “favorecer a convivencia dos alfocenses”. De feito, ten impulsado fai seis anos as Olimpíadas Interparroquiais na procura da dinamización da vida social dos veciños e veciñas. “Como home de cultura, tratei de fomentala aquí no noso concello”, asegura.
“Levo preto de 30 anos vinculado ao concello de Alfoz do que xa me sinto parte porque din eu que non somos de onde nacemos, senón de onde pacemos”, engade. Por iso se marca como obxectivo garantir o progreso de Alfoz traballando polo asentamento de poboación. Concretamente, “agora que está a rematar a concentración parcelaria, temos que impulsar un Plan Urbanístico que nos permita ordenar o territorio e promocionar a construción de vivendas en Alfoz”. Non se esquece tampouco de “atender ás necesidades do día a día de tódolos alfocenses”.
Currículo
Pepe Vázquez Peinó é docente no centro de educación secundaria de Alfoz – O Valadouro. Preside o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) é escritor e autor de varias obras de teatro. Foi concelleiro de Cultura no anterior mandato en Alfoz con Goberno popular.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



