Mondoñedo 19-1-19. A Festa da Árbore suma 450 anos, está organizada pola Asociación Pasatempo, coa que colabora o Concello de Mondoñedo, entre outras administración. Terá lugar o sábado 2 de febreiro, baixo un programa que dará comezo ás 10.30 horas co Roteiro da Árbore a cargo de Francisco Piñeiro, con saída dende a Catedral e remate na casa de Luís Luaces. Ás 12.00 horas, sairán as carrozas dende a casa de Luís Luaces (Peña de Francia) acompañadas da GaitaEscola Mondoñedo. O pregón será ás 13.00 horas, na Alameda, a cargo de Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo). As 13.30 horas, procederase a plantación de árbores e recital de poemas con acompañamento musical e o descubrimento de placa conmemorativa, así como a entrega de premios do VIII Concurso de debuxo da árbore. Xa as 14.00 horas, celebrarase o concerto da Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo no Quiosco da Alamada e a desgustación gratuíta de liscos, pan e viño. As 16.30 no auditorio haberá un taller de bonecos de cartón e contacontos con Ton Arenas e exporanse tamén neste recinto os debuxos dos participantes do concurso de debuxo da árbore. Despois, ás 18.30 horas, no mesmo auditorio será a actuación de Kote Malabar e as 20.00 horas haberá unha animación musical a cargo de GaitaEscola Mondoñedo polos bares da cidade (se chove, os actos serán no auditorio). O luns 4 de febreiro ofreceranse charlas no colexio e no instituto a cargo de Roberto Reigosa.






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



