Burela, a 19 de xaneiro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela (GMP) ratificouse hoxe, “punto por punto”, no escrito de alegacións ao orzamento xeral do concello para o exercicio 2019 que presentaron o pasado día 14, asegurando que “calquera que acceda ao portal de transparencia do concello pode encontrar tanto o Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado en abril de 2017 coma a acta do pleno do pasado día 21 de decembro e comprobar que o noso escrito de alegacións recolle fidedignamente as contías destinadas a subvencións para 2019 fixadas nos dous documentos (exceptuando a de EXPOMAR), un total de 180.150’00€ no PES e de 155.800’00€ nos orzamentos-2019, e polo tanto verificar que o alcalde é un mentiroso cando di públicamente que as axudas aumentan, nomeadamente as adicadas a emerxencia e servicios sociais e a das festas patronais. As de emerxencia e servicios sociais baixan de 41.500’00€ no PES a 25.200’00€ nos orzamentos/2019. 16.300’00€ menos, e as das festas patronais pasan de 40.000’00€ a 37.000’00€”.
Os populares aseguran ademais que, “con respecto a 2018, as subvencións para 2019 tamén baixan, pasando dun total de 170.800’00€ de 2018 aos 155.800’00€ de 2019, un descenso do 8’78%, mui lonxe do 0’19% que baixa o conxunto do presuposto. Neste caso, a partida 231 de servicios sociais pasa de 30.200’00€ en 2018 a 25.200’00€, 5.000’00€ menos, o 16’55% menos ca 2019. Ademais, e tamén con respecto a 2018, desaparece a partida 241, que estaba dotada con 15.000’00€, de subvencións a empresas para o fomento do emprego, da que non executou nin un só euro, o que demostra o seu nulo interese pola creación de emprego estable. Reiteramos que o alcalde é un mentiroso”.
O GMP afirma que “segundo a lei, os presupostos, logo de aprobados definitivamente, son de obrigado cumprimento, en contra do que di o alcalde, e só se poden modificar seguindo uns cauces mui concretos e estrictos. O alcalde non pode manexar os presupostos como a el lle dea a gana. E en todo caso quen está perxudicando ao tecido asociativo burelés son el e os seus concelleiros, que baixan as subvencións en 24.350’00€ con respecto ás que eles mesmos previron no PES para 2019”.
Para os populares, “decir que o PP entorpece a vida municipal e a realización de actuacións é unha falacia, é un intento de restarlle capacidade aos grupos políticos da oposición. A normativa legal vixente en materia de aprobación dos orzamentos municipais dá un prazo de quince días de exposición pública dos mesmos a partires da súa aprobación provisional, para que se presenten alegacións ou recursos, nos dous casos restrinxindo bastante os motivos para, precisamente, non entorpecer a vida municipal. Por eso o GMP presenta alegacións, dado que se incumple o marco de concesión de subvencións que o mesmo alcalde se autoimpuxo en 2017, sen que ninguén llo pedira, de aí que cando menos teña a obriga moral de cumprilo. Polo tanto, o que tén que facer o alcalde é deixarse de lerias e convocar un pleno para resolver as alegacións, porque xa puido ter convocado un pleno para resolver as nosas alegacións e os posibles recursos dede o día 16, e a día de hoxe non hai convocatoria de sesión plenaria algunha. E o que non debería facer en ningún momento é embarrar o campo decindo que estamos falando de previsións, o que demostra que descoñece a lei, e ter a unha persoa que descoñece a lei en materia municipal en cousas tan básicas é un risco para o concello e para a cidadanía”.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



