A Mariña 3-1-19- Coma todos os anos por estas datas, a maxia non pode faltar en todos os fogares da comarca, pero por desgraza, hai persoas que non poden pasar nas súas casas estes días tan sinalados, por diferentes motivos. Un dos motivos é que estas persoas están ingresadas no hospital por motivos médicos, e non poden desfrutar dunhas festas familiares como é de recibo. Por este motivo, dende AMAM (Asociación de Magos Afeccionados da Mariña), queremos poñer un pedaciño de nós e da nosa maxia para que as persoas que están ingresadas no hospital podan desfrutar da maxia que se vive no día a día nesta época de nadal.
Así pois, 3 Magos, da asociación AMAM, pasarán estes Venres 4, a partir das 5 da tarde, por todas as areas do Hospital Comarcal, para achegar así, a maxia e a diversión da que todas desfrutamos, a estas persoas que por diferentes motivos non poden estar nas súas casas ou desfrutando destas festas como desexasen.
Esta achega máxica é un dos fundamentos desta asociación, a de achegar a todas as persoas a maxia, estean onde estean, e teñan os impedimentos que teñan.