Lugo, 15 de febreiro de 2018. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que a Deputación aprobou en Xunta de Goberno destinar 1 millón de euros máis ao conxunto do tecido deportivo da provincia. Son 500.000 euros para todos os clubs deportivos da provincia e modalidades e 440.000 para o Ensino, o Burela Fútbol Sala, o Peluquería Mixta Friol e o Emevé, todos eles en primeira ou segunda división.
Santos Ramos destacou que “un dato público, oficial e moi revelador disto é que mentres dende este Goberno da Deputación investimos en deporte 12,92 euros por habitante, a Xunta faino con 6,29 euros. É dicir, duplicamos o investimento da Xunta en Lugo tamén en deportes. E todo isto cando a Xunta ten as competencias directas en deportes e conta cun orzamento máis de 100 veces superior ao da Deputación, pois o orzamento provincial non chega aos 90 millóns e o da administración autonómica supera os 9.000 millóns de euros”
O Voceiro lembrou que durante os últimos anos, o Goberno da Deputación destinou case 4 millóns de euros a través desas liñas de colaboración deportiva, que permitiu ofrecer unhas 1.350 axudas de 35 modalidades deportivas. É preciso tamén destacar que ao redor do 97% do total das axudas foron de concorrencia competitiva, o que significa que todos os pequenos clubs da provincia puideron optar e solicitar as mesmas, promovendo o deporte base lucense.
Desta cantidade, 500.000 euros son axudas dirixidas a todos os clubs deportivos da provincia e de todas as modalidades deportivas, coas que se busca contribuír á súa actividade competitiva ou á organización de eventos. Por exemplo, asumindo gastos federativos, material, equipamento deportivo, cofinanciando competicións ou campionatos por todo o territorio lugués.
A previsión é abrir o prazo de solicitude destas axudas nas vindeiras semanas unha vez publicadas na Base Nacional de Subvencións e no BOP.
Os restantes 440.000 euros son as axudas dirixidas aos clubs deportivos da provincia de primeira e segunda división ou categoría, e non son SAD. Estes equipos son os o Ensino, o Burela Fútbol Sala, o Peluquería Mixta Friol e o Emevé.
Axudas máis sociais
Nesta convocatoria, incorpóranse criterios sociais nas bases destas axudas en impulso á igualdade e á integración, así como en recoñecemento ao esforzo competitivo. Deste xeito, valorarase positivamente aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén a aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos de menos de 2.000 habitantes, especialmente do rural, e tamén puntuarán os resultados ou ascensos deportivos.
Como novidade este ano, na liña de axudas á actividade competitiva cada disciplina deportiva conta cun importe de acordo co número de licencias oficiais que posúe cada modalidade na provincia de Lugo. Así mesmo, os clubs ou entidades deportivas que desenvolvan a súa actividade competitiva en máis dunha disciplina deportiva poderán optar a un máximo de tres axudas: dúas solicitudes por actividade competitiva e unha por organización de eventos deportivos.
O importe mínimo das axudas á actividade competitiva será de 300 euros e o máximo de 4.000, mentres que na liña de axudas á organización de eventos a cantidade mínima a percibir será de 300 euros e a máxima de 2.000 euros.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
