Lugo, 1 de febreiro de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informaron este venres sobre a resolución en Xunta de Goberno dos 41 colectivos sociais da provincia que resultaron beneficiados do Tecendo Emprego e dos 56 perfís profesionais que solicitan. Tecendo Emprego é o pioneiro plan laboral da Deputación na provincia, pois busca favorecer a contratación de veciños no paro con maiores dificultades para atopar traballo, como mozos sen experiencia ou maiores de 50 anos; e reforzar o labor social que desenvolven o tecido asociativo lugués.
Campos Conde explicou que as 41 asociacións recibirán axudas da Deputación de entre 18.000 a 24.000 euros para asumir os custos laborais durante 1 ano dos traballadores. Estes colectivos demandan 56 perfís profesionais en distintos sectores.
En base as súas solicitudes 31 están dirixidos a lucenses no paro menores de 35 anos e sen experiencia laboral (o 55% do total de empregos); 19 para veciños de 30 a 50 anos en xeral (35%) e 6 para maiores de 50 (10%).
Os 41 colectivos da provincia que resultaron beneficiados desenvolven unha actividade social moi variada: ofrecen atención profesional a lucenses con discapacidade, enfermidades mentais, autismo ou alzheimer; á muller en distintos ámbitos; ou mesmo a profesionais de sectores punteiros como o lácteo ou o forestal.
Tamén demandan profesionais de diversos perfís: educadores sociais, licenciados en Psicoloxía, ADE, Pedagoxía, Enxeñería Agrícola; administrativos; mestres; terapeutas ocupacionais, técnicos especializados en dependencias ou en explotacións gandeiras.
O BOP publicará mañá a lista completa de colectivos beneficiados e dos perfís profesionais que demandan.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



