Burela a 4 de febreiro de 2019. O sindicato nacionalista fai denuncia pública da situación de absoluto deterioro na que se atopa o servizo de Rehabilitación e Fisioterapia, deficitario xa de por si, e con longas listas de agarda ao que hai que sumar que desde o 31 de xaneiro o Sergas rompeu o concerto para a prestación de servizos de rehabilitación con clínicas privadas na Mariña, e que todas as persoas que eran atendidas nas mesmas viron suspendido o tratamento de fisioterapia sen recibir ningunha información e solución do SERGAS respecto diso.
PLAN DE MELLORA DE REHABILITACIÓN E FISIOTERAPIA.
Dende CIG Saúde A Mariña exixen ao SERGAS un plan urxente de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia na comarca que contemple os seguintes puntos:
1-. Dotar ao Hospital da Mariña de dous médicos rehabilitadores (un na actualidade) para atender a máis de 70.000 habitantes.
2-. Dotar ao Hospital da Mariña de tres diplomados en fisioterapia en quenda de mañá e tarde.
2-. Dotar de persoal diplomado en fisioterapia para abrir en quenda de tarde os ximnasios dos Centros de Saúde de Viveiro e Ribadeo, e non só de mañá.
3-. O ximnasio do Centro de Saúde de Foz deberá dotarse con dúas fisioterapeutas en quenda de mañá e outras dúas en quenda de tarde e habilitar o de Mondoñedo tanto na mañá como na tarde, actualmente pechado e sen material, sendo os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá derivados a Foz en quenda de tarde.
Deste xeito o Centro de Saúde de Foz quedaría con dous fisioterapeutas de mañá e de tarde para atender aos pacientes de Foz, e Mondoñedo quedaría cun fisioterapeuta de mañá e outro de tarde para atender os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá.
4-. Crear o servizo de fisioterapia no Centro de Saúde de Burela, inexistente a día de hoxe. Esta carencia coloca nunha situación de desigualdade aos pacientes de Burela respecto a outros Concellos ,xa que os médicos de familia de Burela non poden prescribir rehabilitación, nos casos que establecen os protocolos SERGAS, coma nos outros Centros de Saúde. Este feito provoca a saturación do servizo de rehabilitación do Hospital da Mariña xa que é o centro de referencia para as veciñas e veciños de Burela.
Por todo o anterior, o sindicato nacionalista reclama a posta en marcha dun Plan Urxente para abordar o abandono da rehabilitación e fisioterapia, erradicar as listas de espera e dar solución á situación de incerteza das persoas derivadas polo SERGAS á privada e que agora quedan sen tratamento de fisioterapia, un plan que contemple a utilización racional dos recursos do sistema público e abandone as actuais políticas privatizadoras e de destrución da sanidade pública na Mariña.
“Deste modo obteriamos un dobre obxectivo: crear emprego de calidade na comarca e prestar un servizo de rehabilitación e fisioterapia 100% público e de calidade”, conclúen
























Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



