Técnicos de PSA Peugeot Citröen, de Vigo, foron os encargados de impartir a formación teórico-práctica. Os vehículos eléctricos foron os protagonistas desta cita. Entre os temas abordados figuran: a seguridade, diagnose, sistemas de tracción, motores eléctricos, baterías, autonomía e mantemento dos vehiculos eléctricos. Trinta foron os profesionais que recibiron esta formación en Ribadeo. O presidente, Álvaro Doural, destacou a grande acollida que tivo esta convocatoria formativa “que obrigou a organizar dúas xornadas de traballo”. A vindeira fin de semana tecnolóxica, terá lugar o 16 deste mes tamén en Ribadeo. Versará sobre a aplicación do hidróxeno nos vehículos como combustible.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



