Ribadeo, 28 de febreiro de 2019. O Partido Popular de Ribadeo tacha de incompetente a Fernando Suárez por non ter solucionado o asunto dos vertidos ao Río Grande, o que mostra unha vez máis o seu pouco traballo e a súa ineficacia na xestión e na mellora dos servizos que se prestan ós ribadenses. E o PP pide que non se cobre o próximo recibo da auga ós veciños e veciñas polo mal estado no que chegou aos domicilios nos últimos días.
O candidato do Partido Popular á Alcaldía ribadense, Daniel Vega, explica: “levamos anos sufrindo os vertidos ao Río Grande como o acontecido esta semana, sen que por parte de Fernando Suárez se teña posto solucións, nin de mellora da traída de augas dende Vilarbetote nin sequera outras alternativas, nin outros investimentos, nin outras xestións ante un problema que vimos sufrindo tódolos ribadenses con demasiada frecuencia desde xa hai anos, nos que, por certo, vostede nos leva gobernando e cobrando de todos nós. O acontecido esta semana é a gota que colma o vaso, con instalacións públicas como as duchas da Piscina Municipal desprendendo un cheiro insoportable, os centros de ensino avisando que non se bebera auga do grifo e os ribadenses de a pé soportando unha vez máis a incompetencia de Suárez e do seu equipo de goberno. E o seu discurso, reiterativo e falso, botando a culpa a todo o que o que se move e o rodea, ben sexa a Xunta de Galicia, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico ou mesmo o concello limítrofe de Barreiros, deixou de ser crible para os/as ribadenses”.
Daniel Vega engade: “nunha cousa coincidimos coa súa nota de prensa sobre este asunto: é inxusto que en Ribadeo teñamos que sufrir esta situación. E engadiríamos tamén: a este alcalde e a este desgoberno sen solucións aos problemas que vimos arrastrando os/as ribadenses día a día, mes a mes e ano tras ano. No que non coincidimos nin compartimos de ningunha maneira é que se nos diga que se cumpren os parámetros do R.D. 140/2003 habendo vertidos. Hai que ter cara dura para manifestarse nestes termos porque isto é un insulto á intelixencia de tódolos veciños e veciñas; se hai vertidos sen unha análise exhaustiva non se pode dicir que se cumpren os parámetros porque iso e enganar a sabendas á veciñanza. Ameazar con advertencias, será porque vai haber eleccións, e non cabe cumprir coa responsabilidade que lle obriga a Lei, que sendo coñecedor dos feitos, como o é, pase a ser encubridor ou connivinte, que o pode facer calquera veciña/o pero o primeiro edil…. Cumpra co seu labor e traballe, seguro que os resultados serían outros e a ben seguro non estaríamos onde estamos”.
Diante desta situación Vega pide “que non se cobre o vindeiro recibo da auga os ribadenses por parte da empresa concesionaria polos trastornos e os danos ocasionados os veciños e veciñas de Ribadeo; que se dea solución a esta problemática dunha maneira definitiva, despois de tantos anos de sufrir desta situación; e que o alcalde asuma as súas responsabilidades como tal na xestión deste asunto por non ter feito nada por solucionar a problemática que, adiantamos xa, volverá suceder de non tomarse as medidas encamiñadas a unha solución definitiva”.
Finalmente o candidato do PP á Alcaldía de Ribadeo comenta: “estamos seguros de que os ribadenses saberán tomar boa nota para colocar a Fernando Suárez onde lle corresponde nas vindeiras eleccións do mes de maio”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



