Santiago Lopo achégase ese día A Mariña para sendos encontros cós seus lectores. A primeira hora da tarde reunirase no IES co alumnado de 1º de BAC e logo ás oito e media estará na Bahía nun encontro aberto a todo o que quera achegarse. Participará tamén nel o Club de Lectura da Pomba do Arco. A Arte de Trobar é unha novela que se sitúa no século XII e que nos achega ao mundo dos trovadores e xograres, nunha narración áxil e con grandes doses de intriga.
