Lugo, 14 de marzo de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado Provincial da Federación, Martín Carballo Méndez, presentaron este xoves a IX Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar en Lugo, San Cibrao (Cervo), Ribadeo, Viveiro e Foz, posto que cada regata estará organizada por un dos seis clubs participantes na Liga.
Esta novena edición comezará o día 1 de maio, coa regata organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e rematará en Foz o 7 de setembro coa proba organizada polo Club Kayak. En cada cita competirán máis de 200 padexeiros de todas as categorías, desde prebenxamíns a veteráns nas modalidades individuais de Kayak e Canoa (K-1 e C-1) tanto femininas como masculinas.
Rivera Capón subliñou que “esperamos aumentar o número de participantes nas regatas grazas ao traballo de promoción en colexios e nas actividades de verán levadas a cabo polos clubs”. A Liga é unha cita importante, pois supón unha forma de consolidación das categorías base dos equipos, posibilitando que poidan competir e mellorar ao longo da tempada. Ademais, nas anteriores edicións competiron varios padexeiros que tamén participaron en competicións nacionais e incluso internacionais.
Desenvolvemento das probas
As regatas disputaranse con tres distancias, adaptándose ás categorías, así os prebenxamíns, benxamíns e alevíns percorrerán 1.500 metros, a proba de infantil terá 3.000 metros e o resto das categorías (cadete, xuvenil, sénior e veterano) realizarán unha proba de 5.000 metros. O calendario será o seguinte:
1 de maio de 2019: Lugo. Club de Piragüismo Cidade de Lugo.
16 de xuño de 2019: Lugo. Club Fluvial de Lugo.
23 de xuño de 2019: San Cibrao, Cervo. CD San Ciprián.
13 de xullo de 2019: Ribadeo. CP Altruán.
18 de agosto de 2019: Viveiro. Club Piragüismo Viveiro.
7 de setembro de 2019: Foz. Club Kayak Foz.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
