Viveiro, 14 de marzo de 2019. O programa CATUXA chegou ao IES María Sarmiento para traballar co alumnado de 3º da ESO procedente dos concellos de Viveiro, Ourol e O Vicedo.
Durante este taller, conducido por Lucía Riveiro, do equipo de ReTnova Proxectia Consulting, S.L (empresa adxudicataria do Programa Catuxa), dotouse ao alumnado de ferramentas para a xestión das súas propias emocións, aprendendo a vencer os medos, ganar en seguridade, motivación e crer nun mesmo/a, desde a perspectiva da igualdade entre xéneros como base fundamental.
A través desta a actividade o alumnado interiorizou que comprender os sentimentos e o punto de vista das demais persoas como se foran os propios é a base da empatía e da boa comunicación. Isto propiciou que o alumnado se sentira reconfortado e gañara en seguridade e respecto.
Cómpre destacar a boa actitude dos máis de 70 alumnos e alumnas dos tres grupos de 3º da ESO do centro que participaron no día de onte nas diferentes sesións do taller, no cal se involucraron ao máximo en cada unha das dinámicas realizadas.
O próximo día 20 CATUXA visitará de novo o IES María Sarmiento para rematar coa realización desta actividade e continuará o día 22 no IES Illa de Sarón do concello de Xove novamente con este taller de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais” e a actividade “Desmontando o mito do amor romántico”.
Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520
Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagram e Facebook cuxo perfil é @programacatuxa.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



