Santiago de Compostela.- 14 de marzo de 2019.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Barreiros dun tramo do vial provincial de San Cosme de Barreiros á estrada de Vilamar a Reme.
Trátase dun treito da estrada LU-P-0608 de San Cosme de Barreiros, cruce coa N-634, por Insua ata Cruce Insua, na estrada LU-133, ao seu paso polo termo municipal deste concello lucense.
O Concello de Barreiros solicitou á Deputación Provincial de Lugo o cambio de titularidade do citado tramo de vía, entre os punto quilométrico 0+000, que coincide coa intersección da N-634, e o p.q. 0+860, intersección coa estrada LU-P-6103. Este treito ten un carácter urbano e conta cun itinerario alternativo segundo informa o organismo provincial.
O organismo provincial de Lugo considerou axeitado o cambio de titularidade a prol do Concello de Barreiros, polo que emite informe favorable para a transferencia deste treito e solicita o cambio de titularidade destas estradas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
A transferencia a prol do concello lucense de Barreiros deste treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que deberá ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.
Co cambio de titularidade, o Concello de Barreiros asume as competencias para actuar en ambas as vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
No seguinte enlace ao DOG, pódese ampliar a información: https://bit.ly/2XVCesk

























Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



