Ao comezo dos meus estudos universitarios, o profesor de Dereito Natural, Joaquín Almoguera, xa me advertira “Mire, non existe propiamente a Constitución. Existe o Tribunal Constitucional”. Velaí unha verdade temperán, enxergada cando o Alto Tribunal non tiña nin seis anos de vida.
O que o meu profesor non sería quen de albiscar daquela é que, a volta de trinta anos, os que votaron non á Constitución e máis os seus fillos ían monopolizar a defensa e interpretación da Carta Magna, como ven de advertir Jordi Barbera.
No Estado español houbo unha mutación constitucional no outono de 2017. Despois do discurso do Xefe do Estado do 3-Ou Rajoy venceu as propias dúbidas e máis as do PSOE para cesar ao Govern catalán e disolver o Parlament, vulnerando o propio marco constitucional do 155 e deixando sen efecto o dereito á autonomía das nacionalidades. Outravolta, como afirmaba o xurista alemán Carl Schmitt, impúñase o decisionismo: en tempos de crise do Estado (como a xurdida do 11-M e da cuestión catalá) a normativa constitucional non pode ser chata á decisión do titular da soberanía. A intervención do 155 era materialmente inconstitucional, mais a Constitución viña de ser mutada en virtude dun acto decisional, que nace co discurso de El Rei o 3 de outubro e remata o 27 coa aprobación do Senado á proposta gubernamental, malia a falla evidente de efectos xurídicos das declaracións parlamentarias catalás do 10-Ou e do 27-Ou (ésta aínda non adoptada cando se votou o 155).
A mutación constitucional chegou tamén á liberdade de expresión, vulnerada en sentenzas como a de Valtonyc ou na liña restritiva da Xunta Electoral Central prohibindo simples lendas de “liberdade de expresión” nos edificios públicos cataláns. Ou aos abusos da policía patriótica do Ministro Jorge F.Díaz, usando recursos públicos para espiar lexítimos opositores políticos.
Fronte estes abusos o PSOE estivo ausente. O 2-Ou de 2017 pediu a comparecencia da entón vicepresidenta Saínz de Santamaría para explicar os abusos do Ministerio do Interior da véspera en Catalunya, mais axiña rectificou e hoxe nega a súa existencia. Unidos Podemos e os Comúns navegan dende setembro de 2017 nunha equidistancia incompatíbel cos valores democráticos.
Este risco para a liberdade non ten xerado aínda preocupación abonda no conxunto da sociedade. Mañá a agresión na nosa liberdade podémola sofrir calquera de nós. Haberá entón que nos valla?



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



