Burela 31-3-19. Outra Tarde Laranxa redonda. Vista Alegre foi testemuña dunha remontada épica cun gol de Renato, a 50 centésimas da bUcina, que lle outorgou ao Pescados Rubén Burela FS o triunfo para seguir mantendo a súa renda na primeira praza de Segunda LNFS. Os pupilos de Juanma Marrube ofreceron dúas versións moi diferentes, cunha primeira parte con certo correcalles ante un rival atrevido que conseguiu unha vantaxe de 2-4 e un segundo período no que a paciencia e a orde se fixeron donas, co apoio de máis de oito minutos de xogo de cinco.
Asestou o primeiro golpe o Talavera, con Justo Cáceres (minuto 2). Os de Juanma Marrube mantiveron a compostura e a serenidade nunha cita de ritmo frenético e en menos dun minuto deron a volta ao marcador, no 7: primeiro cunha aparición premonitoria de Joselito para sentenciar ante Rafael Luque un balón longo que recibiu e serviu R. Vargas e poucos segundos despois cun córner de Juanfran que cazou en volea Renato, en banda contraria. Poñíanse as cousas ben para os mariñáns, pero Talavera non estaba disposto a ceder nin a mínima; no 9, recuperaron a vantaxe, con Josete. Os laranxas perdoaron demasiado, con asedio do tándem Renato-Juanfran, Hélder e Iago Míguez e os de Raúl Aceña souberon como ampliar a renda, no 16 e 18, con Sergio González, desde saque de banda e pegando ao pau, e Anass, tras recuperación.
Volveron á pista os do Mariskal co lastre do 2-4. A mellor ocasión do Pescados Rubén tívoa nas súas zapatillas R. Vargas no 23. O 25 laranxa volveu poñer a proba a rede de Rafael Luque no 24 cun balón alto.
Con case 9 minutos por diante, R. Vargas foi o encargado de liderar o xogo de cinco. Así, con calma e insistencia, reduciu distancias precisamente o onubense, no minuto 34, asistido por Joselito. Iago Míguez, en consonancia con Luisma, tiveron o empate nas súas zapatillas pouco despois, estrelándose o rioxano contra o pau. Foi o 6 burelista o gran artífice do empate 4-4 cunha afección entregada, que confiaba na gran vitoria e así foi. Renato, a 50 centésimas da bucina, anotou o definitivo 5-4, desde saque de banda, para estalido da Bancada Laranxa.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Porto, Renato, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Luisma, Pope, R. Vargas, Iago Míguez, Juanfran
Soliss FS Talavera: Rafael Luque, Justo Cáceres, Josete, Panucci, Anass, cinco inicial; tamén xogaron Caio Alves, Quique, Sergio González, Jesús Jiménez, Chino
Goles: 0-1, minuto 2, Justo Cáceres; 1-1, minuto 7, Joselito; 2-1, minuto 7, Renato; 2-2, minuto 9, Josete; 2-3, minuto 16, Sergio González, 2-4, minuto 18, Anass; 3-4, minuto 34, R. Vargas; 4-4, minuto 39, Luisma; 5-4, minuto 40, Renato
Árbitros: Sánchez Llorente // Toca Campo (Cantabria). Por Burela amarela a R. Vargas (minuto 36), Edu (minuto 39), Renato (minuto 40). Por Talavera amarela a Rafael Luque (minuto 6), Jesús Jiménez (minuto 32), Anass (minuto 39), Chino (39)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante uns 900 afeccionados/as.




















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
