Factorías como a fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao adican o 40% dos seus gastos a pagar a enerxía, o que constitúe unha grave desavantaxe comparativa a respecto doutros países. Galicia é o territorio do Estado con máis incidencia da industria electrointensiva (25% do emprego estatal con case 5.000 empregos directos, cando só representamos o 5,3% do PIB). O xornalista galego Julián Rodríguez Moscoso ven de informar que entre o 30 e o 40% da potencia subhastada nas poxas de interrumpibilidade dos últimos anos foron para Alcoa, Ferroatlántica e outras factorías galegas. Velaí que o problema do elevado custo da enerxía para a industria electrointensiva sexa un problema moito máis galego ca español.
Sigamos cos números. O rascuño de Estatuto da Industria Electrointensiva que o Goberno do Estado ven de quitar para alegacións é ruín e cativeiro, pois que só prevé destinar 71 M€ para todo o Estado, cando a UE permítelle destinar en axudas 200 M€ até 2020. E cando a exclusión da tarifa 6.2, no 2018, para a industria vasca e navarra usuaria das liñas de 35 kV que adoitaba instalar Iberdrola custou outros 200 M€. Velaí a proba de que o PSOE non enxerga a xeito o problema, sen que isto lle quite culpa á absoluta inactividade ao respecto durante os dez anos de Goberno Feijóo e os seis anos e medio do Goberno Rajoy.
Máis números. Case o 40% da enerxía producida na Galicia destínase á exportación. A tarifa imponse para todo o Estado pensando nos territorios non produtores de alto consumo doméstico (como a megalópolis madrileña) sen que Galicia lle poida ofrecer á nosa industria (nomedamente á electrointensiva) unha tarifa aquelada baseada no seu excedente produtivo que nos faga competitivos e reforce un desenvolvemento autocentrado e sostíbel. Máis aínda, cada galego pagará durante un ano 17,20 € adicionais ao seu consumo para lle compensar ás eléctricas dos tributos autónomicos aboados durante 2013. Somos os que máis pagamos, fronte aos 0,55 cents de Madrid ou Andalucía. Pagamos máis ca calquera ao prezo que lle interesa aos que nin producen enerxía nin a usan intensivamente en procesos industriais.
Xa que logo, xogámonos moito co Estatuto da Industria Electrointensiva. Mais haberíamos ser conscientes de que nós producimos electricidade , asumindo elevados custos ambientais, paisaxísticos e económicos , mentres outros chuchan o beneficio xerado por este sacrificio.
O grave problema eléctrico da Galicia só se amaña cun marco tarifario global que sexa xusto cos países produtores de electricidade. Só se amaña con máis autogoberno.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



