Ferrol 18-3-19. Intervención de María Ángeles Rodríguez Rico, concelleira de Benestar e Facenda e segunda tenente de alcalde do Concello de Mondoñedo no acto de: ‘Conmemoración da irmandade co Concello de Mondoñedo e recepción ás madriñas das rondallas que participan na noite das Pepitas’ que se celebra esta tarde en Ferrol.
Boa tarde,
Señor alcalde do Excmo. Concello de Ferrol, membros da Corporación e todos os veciños e veciñas, rondallas e madriñas.
No día de hoxe, como noutras datas ao longo do ano damos testemuña coa nosa presenza, da unión destas dúas cidades, que os nosos antergos decidiron unir para cooperar mutuamente contribuíndo desta maneira a fomentar a nosa cultura e as nosas tradicións.
Son moitos os lazos que nos unen, históricos, culturais relixiosos e sobre todo humanos. É o desenvolvemento cultural das nosas cidades o que fai hoxe en día estreitar os nosos lazos. A cultura, fai referencia as formas de pensar, sentir e comportarse dunha sociedade, este todo tan complexo leva consigo os nosos coñecementos, crenzas, arte, moral, dereito e calquera outro hábito e capacidade adquirida polo home que fai que cada sociedade, cada pobo, constrúa a súa propia identidade e vai creando o seu devir. Sociedades como a ferrolá e a mindoniense únense en moitos destes aspectos indo as dúas pola mesma senda cara a mesma dirección; o noso deber como políticos é preservar e colaborar para facer que medren cada unha no seu territorio, pero ao mesmo tempo poñer as estruturas precisas para que se xunten e vaian da man e poder expandilas fóra do noso territorio.
Son tradicións coma esta, das Pepitas, na que me sinto moi orgullosa de participar, as que dan identidade a Ferrol, as que fan que sexa distinto dos demais, debemos sempre respectar as nosas tradicións, facelas que medren e dalas a coñecer ao resto do mundo. Un pobo non pode medrar se non recorda o que foi, todo aquelo que fixo ata actualidade para así construír un futuro sen perder nunca de vista de onde ven.
Os mindonienses, aquí sentímonos como na casa, así foi no pasado, lembremos a Don Álvaro Cunqueiro ou na actualidade a Ramón Loureiro, e vós alí tedes a vosa.
Debemos traballar xuntos, unir os nosos medios, as nosas forzas, poñer todo o noso capital humano en conxunto, para facer que esta unión, que xa vai facer tres lustros, se faga eterna e produtiva para as nosas cidades.
Esta celebración ano tras ano é froito da constancia e loita continua de moitos ferroláns ,o que fai que estar aquí nos faga sentirnos orgullosos, pois como ben vos acabo de dicir esta tamén é a nosa casa e esta é a nosa festa; como tamén son vosas As San Lucas, o noso buque insignia, o noso máis prezado tesouro onde se mesturan a nosa tradición, a nosa cultura e a de todos e todas as galegos, no día de hoxe aínda que reiteraremos a invitación en outras moitas ocasións estades todos convidados, a nosa casa é a vosa e podedes vir cando queirades. Non precisades invitación, sempre seredes recibidos cos brazos abertos.
Quero rematar xa cuns versos de Leiras, que me pareceron acaecidos para a ocasión, non sen antes convidarvos, tamén, á merecida homenaxe o autor, o vindeiro sábado, onde á prolifera obra de Leiras uniranse os escritores que nos van enriquecendo ano tras ano .
¡ai luceiriño galano
Que d’alo enriba ves todo,
Mirame si a miña nena
Fala ou non fala cun outros¡
Esta noite hei d’ir de rolda,
Y –hei de ir roldar unha nena
Que din que a rolda un Valente ,
Que os que a roldan escorrenta.
Desfrutade da Festa!!!




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



