Ribadeo, 13 de marzo de 2019-. Hoxe, na Casa do Concello de Ribadeo, tivo lugar unha reunión preparatoria do Correlingua 2019, que este ano se celebra na vila de Ribadeo.
A edición 2019 do Correlingua na Mariña, carreira pola lingua do alumnado de todos os niveis educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, será o día 7 de maio.
Estiveron presentes representantes dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos de Ribadeo, o alcalde deste concello, Fernando Suárez Barcia, o concelleiro de Cultura e Educación, Farruco Graña Rama, representantes dos ciclos de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga e de Animación de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo, a representante do CIG-Ensino, Paula Ferreiro Pena, o xefe da Policía Local, e a coordenadora do Correlingua na Mariña Dores Fernández Abel. Todos e todas elas para pór en común o deseño da actividade en Ribadeo e as necesidades materiais e humanas para levar a bon termo esta nova edición do Correlingua.
Aínda que o máis chamativo socialmente desta actividade anual é a carreira e a festa final -este ano , como se dixo, o día 7 de maio-, o Correlingua iniciouse no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema (este ano, o galego é a fórmula) e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto , de banda deseñada, de vídeo, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.
Está previsto que, este ano, participen case 1500 estudantes de toda a Mariña.
Dores Fernández Abel
Coordenadora do Correlingua na Mariña.


























O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.



