A Mariña 7-3-19. Este venres 8 de marzo, día da Muller Traballadora, Galegas 8M A Mariña occidental convocamos ás mulleres mariñás a unirse ao paro internacional e secundar a folga de mulleres laboral, estudantil, de consumo e de coidados.
En Viveiro comezamos as actividades reinvindicativas ás 12 horas na praza do concello, apoiando a concentración convocada pola CIG e que rematará coa lectura do manifesto sindical. Desde as 13 até as 18 horas, partillaremos obradoiros, xogos, debates feministas e comida na mesma praza ou no sala multiusos do concello se chovera.
En Xove xuntarémos ás 17 horas no Local das Bolboretas de Palmeiro, onde teremos un faladoiro feminista e unha merenda comunitaria.
Pola tarde iremos en caravana de mullleres desde O Vicedo, con saída ás 18h do Porto; Viveiro, desde a explanada dos institutos ás 18.30; Xove, con saída da Praza do Concello; e San Cibrao, desde o Porto; até chegar a Burela, onde ás 20h participaremos da manifestación feminista comarcal convocada por Galegas8M A Mariña.
Recordamos aos homes que poden acompañarnos nesta xornada de loita como aliados, respectando que as mulleres somos o suxeito político nestas accións.
Lembramos tamén que ao pendurar os mandiles das xanelas estamos a amosar o noso apoio á folga de mulleres e ás reinvindicación desde 8 de marzo.
Baixo o lema POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS: REVOLTA FEMINISTA! animamos a participar neste día a todas as mulleres da comarca.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



