Compostela 7-3-19. Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, atopámonos nunha xornada para reivindicar, tanto aos poderes públicos como á sociedade xeral, un sistema baseado na igualdade de trato e, desta maneira, rachar coas inxustizas sociais que as mulleres de todas as partes do mundo vivimos de primeira man.
Foron diferentes loitas na historia as que debuxaron os primeiros trazos do camiño na procura de xustiza real para as mulleres. Dende a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, lembramos a todas elas que, ao longo da historia, reivindicaron e reclamaron a igualdade de dereitos e de oportunidades, con forza e mestría.
Un día coma hoxe, queremos visibilizar que as mulleres con discapacidade somos mulleres. Mulleres que fan fronte dos fogares, avoas e nais que educan ás crianzas, mulleres ás que se lles nega unha autonomía económica e son gardiás dos coidados da nosa terra. Recordamos a todas aquelas que queren estudar, as que loitan por facer política e as que viven de primeira man a presión do ostracismo e a negación do seu espazo merecido. As barreiras arquitectónicas, as sociais, as dificultades de acceso dende as zonas máis rurais do noso territorio, son parte dos obstáculos para acadar a igualdade real de oportunidades que as mulleres con discapacidade levamos anos perseguindo.
Somos as mulleres as que, en colectividade e con forza sorora, acadamos que se nos escoite no ámbito laboral, nos fogares e na contorna social. Somos a forza política que fai que o pensamento social e as estruturas de poder muden cara un discurso de igualdade en dereitos e deberes.
Tomamos as rúas grazas a referentes que foron abrindo camiño de cara a que estas situacións históricas tornen cara a novas oportunidades. Por iso, hoxe, e todos os días, as mulleres con discapacidade posicionámonos con forza para lembrar que formamos parte desa metade da poboación que é un motor que mantén en pé a nosa terra. Exiximos xustiza en dereitos, demandamos a posta en valor do noso traballo que aínda se atopa en situación precaria, reclamamos feminismo en todos os ámbitos da vida e recordamos a necesidade dunha coeducación na que o valor sexa o coidado, os espazos seguros e unha educación sexual con perspectiva feminista para erradicar os abusos de poder nas áreas privadas e públicas.
As mulleres con discapacidade vivimos unha situación de múltiples desigualdades que fomentan unha realidade de vulnerabilidade interseccional. Dende ACADAR alzamos a voz en compaña de todas aquelas que loitan a diario por erradicar esas barreiras estruturais e políticas. A discapacidade é unha característica máis que nos identifica e non estamos dispostas a que continúe sendo unha condición de cara a vivir a nosa vida con total liberdade.
Esta xornada reivindicativa implica a todas as esferas da vida: o ámbito laboral, o de coidados, o de consumo e o estudantil. As mulleres con discapacidade, como parte activa da sociedade, apoiaremos que o lema “se as mulleres paran, párase o mundo” se escoite en todas as esquinas das nosas comunidades. Unirémonos en sororidade tinguindo as rúas de violeta para reclamar todos os dereitos que nos pertencen:
Fomentar a participación de todas as persoas sen distinción de idade, de ter unha discapacidade, da identidade e orientación sexual, da etnia, da cultura e do nivel económico e político e, así, previr calquera forma de discriminación interseccional.
Poñer en marcha campañas dirixidas a eliminar calquera forma de discriminación especialmente dos grupos sociais con maior risco.
Ofrecer formación en igualdade e corresponsabilidade nos plans educativos.
Incorporar a perspectiva da discapacidade en todos os proxectos subvencionados con fondos públicos relacionados con violencia contra a muller.
Cumprimentar a posta en marcha do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Dotar de liñas orzamentarias para incentivar a formación e o emprego das mulleres con discapacidade.
Incorporar o indicador de discapacidade e xénero en todas as estatísticas e estudos co fin de visibilizar a situación real.
Promover un deseño urbano con perspectiva de xénero, accesible, seguro e inclusivo.
Impulsar lexislación, plans e accións atendendo á perspectiva feminista e interseccional.
As institucións locais, autonómicas e estatais están obrigadas a fomentar que todas as mulleres poidan gozar dunha vida plena e autoxestionada. Por iso, continuando o legado de compañeiras que historicamente elevaron as súas voces reivindicando os dereitos laborais, sociais e políticos; neste 2019, todas as persoas que formamos parte de ACADAR, apoiamos a folga de 24 horas e os paros parciais, así como os paros de coidados e consumo. Ademais, poñemos de manifesto o férreo compromiso no traballo pola igualdade de oportunidades entre todas as persoas, facendo un chamamento de compromiso co mesmo, por parte de toda a sociedade.
Por unha sociedade máis xusta e participativa. Nin unha menos!






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



