Mondoñedo, 4 de marzo de 2019 .- O pasado día 1 de marzo deu comezo a nova campaña de visitas á Cova do Rei Cintolo do presente ano 2019. Hai visitas de fin de semana os venres, sábados e domingos ás 12 horas e ás 17 horas. A partir do mes de abril rexerá o horario de verán, polo que haberá unha nova quenda ás 18:30 horas.
Na ponte de San Xosé, en marzo, será posible visitar a cova tamén o luns 18 e o martes 19 e durante a Semana Santa, xa no mes de abril, poderase visitar a cavidade todos os días da semana.
Aberta todas as pontes e festivos
En todas as pontes e días festivos do ano será posible visitar a cova e durante os meses de verán as visitas serán nas tres quendas indicadas todos os días da semana (de luns a domingo).
2018, récord absoluto de visitantes
O pasado ano visitaron a cova 2.093 persoas, o que supón os mellores resultados dende que está aberta ao público, no ano 2006. En 2014, antes do Goberno presidido por Elena Candia, o rexistro foi de 546 persoas, de maneira que o incremento no número de acceso á cavidade a partir de entón ten sido “moi significativo”.
Desde o Goberno local recordan que as visitas guiada se fan a unha cova en estado natural -polo que se solicita un estado físico e mobilidade normal- a través dun percorrido atractivo, nunha contorna segura.
O percorrido, duns 300 metros , realizase polo Sector Central nun tempo estimado dunha hora e quince minutos.
Proporciónase casco con iluminación, luvas e un mono de celulosa e é preciso levar calzado pechado con fondo de goma para evitar esvaróns. Tamén se recomenda levar roupa que non importe manchar, e mesmo, roupa para mudarse tras a visita.
As visitas son sempre guiadas en grupos reducidos e a idade mínima son 12 anos. Os grupos oscilan entre 4 persoas de mínimo e 10 de máximo.
Punto de encontro
O punto de encontro do grupo e o guía é a Oficina Municipal de Turismo, situada nun edificio próximo á Catedral, 45 minutos antes das horas de visita establecidas en cada temporada. O traslado dende alí ata á cova debe facelo cada visitante ou grupo polos seus propios medios. O guía, irá indicando o camiño.
O custo é de 15 euros por persoa. Para máis información e reservas o Goberno local pon a disposición o teléfono 982 50 71 77.























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



