Ribadeo, 3 de marzo de 2019. O público encheu na noite de onte o Cine Teatro, en Ribadeo, para gozar da Gala do Entroido. Ti de quen ves sendo? foi o título escollido para o espectáculo, que conducido por Susana Álvarez, tivo á música como protagonista e contou coas actuacións de A Tuna, Salomé, Alaska e Mario, Supremas de Móstoles, Azúcar Moreno, Mocedades e a Supervedette das Barreiras.
Antes unha carroza acompañada da Tuna e dun grupo da Escola Municipal de Música de Ribadeo percorreron as rúas de Ribadeo animando á xente a acudir a Gala.
Hoxe, domingo, pola mañá tivo lugar a saída da comparsa do cocho, que percorreu as rúas de Ribadeo acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha. Xa pola tarde houbo o tradicional baile infantil de disfraces na discoteca Rosa Lar.
A Comisión de Carnaval de Ribadeo repartirá preto de 4.500 euros en premios no Desfile de Entroido que se celebrará o vindeiro martes, 5 de marzo. A organización agarda unha grande participación nesta cita, xa que esa xornada é festivo local en Ribadeo e en moitos outros concellos dos arredores.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro luns ás doce da noite. As bases e as fichas de inscrición poden atoparse no facebook EntroidoRibadeo. Desde a organización subliñan que “no que respecta á categoría charanga/comparsa as 10 primeiras en inscribirse recibirán unha achega económica especial de 100 euros cada unha, que se lles entregará en efectivo o mesmo día do desfile, e a maiores contan coa posibilidade de optar a premio”.
Os dorsais serán entregados entre as 15:30 e as 16:30 horas á entrada do Cine Teatro. Todos os participantes deberán estar na avenida Rosalía de Castro cun mínimo de 15 minutos de antelación ao inicio do desfile, previsto para as 17:00 horas.
En total vanse repartir preto de 4.500 euros en premios. Haberá para comparsas/charangas, carrozas, grupos, parellas adultos e individuais adultos; e para as categorías infantís en grupos, parellas e individuais. Tamén haberá dous premios especiais (de carácter honorífico) á mellor mascarita. No acto de entrega dos premios coñecerase o nome dos establecementos doadores dos mesmos.
Para comparsas/charangas establécense 5 premios de 500, 400, 300, 200 e 100 euros respectivamente. Para carrozas os premios serán de 400, 200 e 100 euros; para grupos 300, 200 e 100 euros; para parellas de adultos os premios serán de 200, 150 e 100 euros; no caso da modalidade individual os premios serán de 150, 100 e 50 euros.
No caso dos máis pequenos e pequenas os premios para grupos serán de 200, 100 e 50 euros; as parellas recibirán 150, 100 e 50 euros en premios e para a modalidade individual establécense premios de 100, 75 e 50 euros.
Mañá, 4 de marzo, haberá pasarrúas a cargo da charanga Aturuxo e ás 22:30 horas será a cea do Entroido no restaurante Marinero, no porto deportivo de Ribadeo.
Xa o martes, 5 de marzo, será o día do gran desfile, que sairá ás 17:00 horas da Avenida Rosalía de Castro para percorrer as principais rúas de Ribadeo e rematar diante do Concello, onde será a entrega de premios. Percorrerá as rúas San Roque, Virxe do Camiño, Avenida de Galicia, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Asturias, Clemente Martínez Pasarón e Dionisio Gamallo Fierros.
E xa o sábado, 9 de marzo, terá lugar a queima do Entroido. Trátase dun dos actos máis destacados do Carnaval de Ribadeo. Ás 21:00 horas sairá a comitiva fúnebre, acompañada de viúvas e viúvos e das charangas Aturuxo, Os Macanudos e Habelas Hainas, das inmediacións do Concello e trasladarase ata a Avenida Rosalía de Castro onde terá lugar a queima do Entroido, seguida dunha sesión de fogos artificiais e da monumental traca.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



