Barreiros 1-3-19. No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR, unha actividade de Entroido organizada pola asociación de Hostelería de Barreiros e na que se vai sortear un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Será entre todos aquelas persoas que percorran os 7 establecementos hostaleiros que participan na iniciativa entre o 4 e o 6 de marzo. Cada persoa obterá un selo para a súa papeleta por cada consumición realizada. O sorteo do premio terá lugar o 8 de marzo, na praza do Concello, durante a Festa do Entroido de Barreiros.
Para facilitar a participación no DisfraBAR e favorecer a mobilidade segura haberá un bus gratuíto durante os tres días, grazas á colaboración do Concello de Barreiros. Funcionará o luns e o mércores entre as sete da tarde e as doce da noite e o martes de Entroido de doce do mediodía a 4 da tarde e de sete da tarde a doce da noite. Partirá das inmediacións do Centro de Saúde e percorrerá os bares que se dan cita no DisfraBAR e que son La Barrica, A Yenka, A Curva, Lozano, O Asador, Moderno e Centro Social.
Na presentación desta mañá estivo o alcalde, Alfonso Fuente, xunto a representantes da asociación Hostelería de Barreiros.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



