Cervo 4-3-19. As delegacións de Educación e Servizos Sociais do Concello de Cervo programaron no día de hoxe unha xornada interxeracional na que participaron os nenos e nenas máis maiores da Escola Infanil Municipal e as persoas usuarias do Centro de Día Residencia.
Foi unha sesión moi bonita e gratificante para todos, na que compartiron un aperitivo e realizaron conxuntamente manualidades relacionadas con estas datas de Entroido.
O alcalde, Alfonso Villares, e as edís de Educación e Servizos Sociais, Dolores García Caramés e Pilar Armada, achegáronse ata as instalacións para asistir á actividade.
Está comprobado que estes intercambios son beneficiosos a todos os niveis. As persoas maiores experimentan, no plano emocional, un aumento da súa vitalidade e autoestima. A nivel cognitivo, prodúcese a potenciación da memoria e das súas habilidades sociais.
Pola súa banda, os/as nenos/as que interactúan coas persoas de idade aprenden a valoralos como fonte de experiencia e melloran tamén as súas habilidades sociais, especialmente a empatía e a tolerancia cara ao diferente.























Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.



